Xavier Valiño García, nado en Cospeito, na Terra Chá o 4 de novembro, é un escritor, xornalista galego e crítico musical que colabora en distintos medios de comunicación galegos e españois cubrindo temas musicais, cinematográficos e de viaxes.Entrevista en Efe Eme, Efe Eme, 22 de maio de 2011 No seu papel de investigador e arqueólogo musical publicou diversos libros e participou en distintos congresos e conferencias.

Traxectoria Radio Ós 13 anos, Xavier Valiño realizaba o seu primeiro programa radiofónico en Radio Popular de Lugo, baixo a denominación de Paso a la juventud. De aí pasou a realizar o programa Revolution en Radio Mercurio de Madrid durante catro anos a partir de 1984. Posteriormente dirixiría e presentaría os seus propios programas en Radio Oleiros de A Coruña, en Radio Medellín de Santiago (galardoado como o Mellor Programa da Emisora) e na Radio Galega, como colaborador en Estudio 3 e realizador do seu programa Ultrasónica. Foi tamén o responsable de Praceres ocultos en Xtraradio, de As Palmas de Gran Canaria.

Dende 2021 ata a actualidade ven dirixindo e presentado o programa Pase Privado en Inolvidable FM, emitido en máis de 50 emisoras de toda España. No verán de 2024 participou en Las tardes de RNE, de Radio 1, Radio Nacional de España, cunha sección dedicada a descubrir a grandes mulleres do mundo da música de distintas culturas e procedencias como Sade, Françoise Hardy, Astrud Gilberto, Cathy Claret, Lauryn Hill ou Yma Sumac. Dende 2025 conduce o pódcast Faro del Norte, parte dos podcasts de Efe Eme.

Televisión Xavier Valiño participou en programas de televisión como Miraxes, Zigzag ou Planeta Cine da Televisión de Galicia e como guionista e presentador de Banda Curta no mesmo canle.

Xornais e revistas Desde 1983 publicou artigos e distintas colaboracións en xornais como O Diario Vasco (Donostia), La Voz de Galicia, La Provincia (As Palmas de Gran Canaria), Santiago Sete, El Correo Gallego e Galicia Hoxe (Santiago de Compostela), El Progreso (Lugo), Diario de Pontevedra, Faro de Vigo (Pontevedra) e as publicacións universitarias ECUUS e Enclave Universitario. Ao mesmo tempo, e desde 1990, colabora en revistas de distribución nacional como Ruta 66, Mondo Sonoro, Zona de Obras, Efe Eme, Ritmos do Mundo, Vibraciones Pop, Batonga, Reseña e Panymúsica, así como en revistas distribuídas en Galicia como Sónica, Distrito Son, Wah-Wah, Iguana e Compostelán.

Portais web Ademais de ter colaborado en distintos portais web como arteshoy.com, desconcierto.com, numerocero.es, heineken.es/musica, zonadeobras.com, esquinalatina.com, universia.net, novaxove.com, bravu.net e arestora.com, mantén a súa web ultrasonica.info e un portal de plaxios e parecidos musicais entre cancións, similarrock.com.

Investigador musical Relacionado co seu labor como investigador e arqueólogo musical, Xavier Valiño participou en distintos congresos e conferencias en diversas localidades de España, Colombia (Seminario Internacional de Músicas Prohibidas) ou Brasil (I e II Congreso Internacional de Estudos do Rock) dos que formou parte da súa Comisión Científica.

Ademais, é comisario da exposición Vibracións Prohibidas, centrada na censura no rock durante o franquismo, e que foi exhibida en Barcelona (Centro Cultural El Born del Mercado del Borne) , en Santiago de Compostela (Centro Galego de Arte Contemporáneo) ou en As Palmas de Gran Canaria (Centro de Iniciativas de la Caixa de Canarias) .

Outras actividades relacionadas coa música Desde 2006 e ata 2016 coordinou o ciclo Docs. Music do Festival Cineuropa, que se celebra todos os anos no mes de novembro en Santiago de Compostela e no que se proxectaban documentais musicais. Do mesmo xeito, encargouse de coordinar o ciclo de películas musicais Escenas dun Planeta Sonoro no Festival WOMAD.

Entre 2010 e 2022 formou parte da asociación cultural Desconcerto, agrupación que celebrou decenas de eventos e concertos principalmente en Galicia e, tamén, Asturias, nas que interviñeron centos de grupos e solistas estatais e internacionais, organizando tamén ciclos como TerraZeando, Primos Hermanos, Romaría Pop, Record Store Day, CortaPega, Praceres Ocultos...

Desde 2022 coordina e presenta, xunto ao periodista Diego Hernández, o ciclo anual de películas musicais Cinezín - Secuencias de Acordes , en As Palmas de Gran Canaria, e Encontros no Mal , en Santa Cruz de Tenerife, coa intervención de distintos invitados como Ana Curra, Luis Lapuente, Ignacio Julià, Fermín Muguruza, Kiko Veneno, Jorge Martínez, Carlos Tarque ou Marta Cervera e Servando Carballar de Aviador Dro .

Desde 2022 coordina, xunto a Fran Reixa e Alberte Branco, o ciclo anual de películas musicais Blow-Up, A Música no Cinema, en Santiago de Compostela, que se celebra a finais de novembro como parte do Outono Códax Festival .

No ano 2021 coordinou o ciclo Palabra de Rock, que se desenvolveu en As Palmas de Gran Canaria, onde entrevistou en público a músicos que tamén son escritores, previamente a un concerto acústico destes. Polo ciclo pasaron José Ignacio Lapido, Amparo Sánchez, Javier Corcobado ou César Strawberry .

En varias ocasións foi o presentador dun dos escenarios do Festival Womad en As Palmas de Gran Canaria. Como Dr. Wampush pinchou en festivais como o Outono Códax Festival, en Santiago de Compostela, London's Burning, en Londres, Sons Líquidos, de Lanzarote, Sinsal na Illa de San Simón, La Dehesa, na illa da Palma, ou Maspalomas Costa Canarias Soul Festival, en Gran Canaria, e tamén en locais como Talleres Palermo, das Palmas de Gran Canaria, Siroco, de Arrecife ou El Prau del Sol en Xixón. Tamén expuxo fotografías feitas en concertos en directo en distintos lugares como, por exemplo, a sede da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE)-Fundación Autor.

Premios En 2022 foi galardoado co Premio Nacional das Músicas e as Artes Pop ao Mellor Libro Musical por Los 100 mejores documentales del rock. O premio foi entregado na gala celebrada no Teartro Alkazar de Plasencia o 15 de outubro dese ano, na que tamén foron galardoados, entre outros, Ana Belén, Luis Landero, Rosa Montero, Jorge Sanz, Ariel Rot, Cayetana Guillén Cuervo, Silvia Pérez Cruz ou Nacho Vegas .

Crónicas de viajes Na súa faceta de reporteiro de viaxes para medios como O Diario Vasco ou Santiago Sete, percorreu e escribiu de países e lugares de América, Asia, África e Europa. O seu primeiro libro desta temática, Trekking al Campo Base del Everest. Guía práctica para planificar el viaje con las posibles rutas, las etapas y todos los datos útiles necesarios, apareceu en 2026 na súa editorial, Faro do Norte, tamén con tradución ao inglés.

Bibliografía

Como autor:

Valiño, Xavier (1999, reeditado en 2012). Rock bravú. Xerais. ISBN 978-84-8302-367-9. Valiño, Xavier (2005, reeditado en 2015). El gran circo del rock: Anécdotas, curiosidades y falsos mitos. T&B. ISBN 978-84-96576-00-1 . Valiño, Xavier (2008, reeditado en 2011). Retratos Pop: Conversaciones y entrevistas con... T&B. ISBN 978-84-96576-85-8 . Valiño, Xavier (2010). A censura na produción fonográfica da música pop. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9887-591-1 . Valiño, Xavier (2011). Veneno en dosis camufladas. La censura en los discos de pop-rock durante el franquismo. Milenio. ISBN 978-84-9743-481-2 . Valiño, Xavier (2016). Elvis Costello, el hombre que pudo reinar. 66 rpm. ISBN 978-84-945330-3-7 . Valiño, Xavier (2016). La cara oculta de la luna. Las 50 portadas esenciales del rock. Milenio. ISBN 978-84-9743-744-8 . Valiño, Xavier (2018). Escenas olvidadas. La historia oral de Golpes Bajos. Efe Eme. ISBN 978-8495749222 . Valiño, Xavier (2019). Líneas paralelas. 50 portadas esenciales del rock. Milenio. ISBN 9788497438827. Valiño, Xavier (2021). Las 100 mejores películas del rock. Efe Eme. ISBN 978-8495749420 . Valiño, Xavier (2022). Los 100 mejores documentales del rock. Efe Eme. ISBN 978-8495749444. Valiño, Xavier (2024). Rumours. La tormenta emocional de Fleetwood Mac. Efe Eme. ISBN 978-8495749635 . Valiño, Xavier (2026). Trekking al Campo Base del Everest. Guía práctica para planificar el viaje con las posibles rutas, las etapas y todos los datos útiles necesarios. Faro do Norte. ISBN ebook, tapa branda 9788409837700, tapa dura 9798251654028. Valiño, Xavier (2026). Trek to Everest Base Camp. A practical guide to planning your trip, including possible routes, stages, and all the necessary information. Faro do Norte. ISBN ebook 9788409892549, tapa branda 9798185495438, tapa dura 9798185499078.

Como coautor:

Varios autores (2007). Biodiversidade. IV Congreso Iberoamericano de Pensamento. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-936158-7-1. Varios autores (2008). O camiño cara ao desenvolvemento sostible da Mariña lucense. Xunta de Galicia. Varios autores (2013). Esta canción atopeina tirada. Centro Torrente Ballester. Varios autores (2015). Political World. Rebeldía desde las guitarras. 66 rpm. ISBN 978-84-943621-7-0. Varios autores (2017). The Power of Guitars. Azkena Rock Festival 2002-2016. ARF Books. ISBN 978-7-485-47485-4. Varios autores (2018). Manolo García, una guía esencial para acercarse a su obra, Cuadernos Efe Eme. Efe Eme. Varios autores (2014-2022). Cuadernos Efe Eme: Volumen 1 (2014), volumes 2, 3, 4 e 5 (2015), volumes 6 ao 9 (2016), volumes 10 ao 13 (2017), volumes 14 ao 17 (2018), volumes 18 ao 21 (2019), volumes 22 ao 25 (2020), volumes 26 ao 29 (2021), volumes 30 ao 33 (2022), volumes 34 ao 37 (2023), volumes 38 ao 41 (2024), volumes 42 ao 45 (2025) e volumes 46 ao 50 (2026). Efe Eme.

Como prologuista:

F. Rego, Fernando (2010). 50 años de pop, rock e malditismo. Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-38-2. Rego, Carlos (2019). Magín Blanco. O camiño da luz. Embora. ISBN 978-84-17824-15-0. Catana, Carlos y Pablo Espantaleón (2020). La sonrisa en el páramo. Los 80 pasan factura. León, Juan Carlos (2026). Probablemente pensarás que esta canción habla de ti. Sílex. 9791387694005

Notas

Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Xornalistas musicais Categoría:Xornalistas de Cospeito Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Viaxeiros Categoría:Críticos de cinema