Antonio González Basanta, nado en Miño cara a 1918, foi un político e guerrilleiro galego.

Traxectoria Mariñeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira La Golondrina xunto con Ricardo Pérez Medín e outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia. Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (subtracción da motora Golondrina),Requisitoria en BOE, 23-2-1938, p. 5927-5928. e foi declarado fuxido e en rebeldía.

Refuxiado en Francia despois da guerra, no outono de 1944 participou coa X Brigada Guerrillera en penetracións na provincia de Huesca, como parte da Operación Reconquista de España. Feito prisioneiro polo exército franquista, foi internado na prisión de Lleida. Foi trasladado con outros 86 guerrilleiros á prisión de Torrero (Zaragoza) o 30 de decembro de 1944, en espera de xuízo. No consello de guerra, que tivo lugar en Zaragoza o 27 de xuño de 1945, foron xulgados varios membros da Brigada (entre eles A. Asenjo Terreros, J. Piquer Montaña, J. Cruz Carmona Sola, Flor Alcalde, E. Castellón, Castellón e F. Crespo Torres). Antonio González Basanta foi condenado a 12 anos e un día de prisión.

Notas

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1918 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes