Astafersa (Astilleros Ferrolanos SA) foi unha empresa naval dedicada á construción de buques en aceiro e fibra de vidro. Estaba situada na Graña, Ferrol. As instalacións son empregadas por Blascar.

Historia O estaleiro, situado en Punta Pescadoira, ten a súa orixe antes de 1855. Tras a Lei de Desamortización de Mendizábal mercouno Ramón Rodríguez Tubín, quen o vendeu xunto cos seus herdeiros en 1883 a Toribio Gil y Gabilondo, pasando a chamarse Talleres Gil. En 1884 Toribio Gil e José Joaquín Otero asociáronse creando a compañía Otero - Gil. Máis tarde pasou a chamarse Talleres Gil e Compañía. En 1885 Talleres Gil e Compañía reúne tódalas instalacións na zona e forman un estaleiro que pasa a chamarse Industria Española.

O 5 de setembro de 1931 o Xulgado de Primeira instancia adxudicoullo a Gumersindo Paz Abilleira. O 20 de xuño de 1962 pasou a mans dos seus fillos e herdeiros co nome de Astilleros y Varaderos Gumersindo Paz (GUPAZ). En 1982 e 1983 a Sociedade Anómina Astilleros Ferrolanos SA compra o estaleiro e pasa a chamarse Astafersa.

Astafersa dedicouse á fabricación de buques en aceiro, aluminio e fibra de vidro. Desde 1986 a 1990 estivo dirixido por Juan Fernández. En 2007 tras varios ERE e despedimentos as instalacións se venderon a Áridos Pantín por 500 euros e o compromiso de facerse cargo dos tres millóns de débeda.

En 2009 a empresa Freinaval comezou a traballar nas instalacións. Os estaleiros da Graña e A Cabana foron mercados por Manuel Caamaño pasando a chamarse Blascar e dedicándose dende entón principalmente ás reparacións navais.

Instalacións O estaleiro ten dúas bancadas de 70 metros.

Buques construídos miniatura|Acceso a Blascar na Graña. Dende a súa fundación Astafersa construíu buques de diverso tipo: pesqueiros en aceiro e aluminio, embarcacións auxiliares en fibra de vidro e catamaráns.Antón Viscasillas, Jaime e Alejandro Anca Alamillo. La Graña-La Cabana : base e industria naval (1726-2015) Madrid, 2015 ISBN 978-84-608-2681-1 La Graña-La Cabana : base e industria naval (1726-2015) 1981-1983, 2 pesqueiros de aceiro para Senegal. 1982-1984, 10 embarcacións pesqueiras auxiliares en aluminio para Portugal. 1982-1986, 20 embarcacións de vela de 6,89 m de eslora e 2,5 m de manga fabricadas en fibra de vidro para a Armada Española. 1983-1986, 8 pesqueiros de cerco para Angola. 1984-1986, 5 embarcacións de 9,3 m de eslora e 3.15 m de manga fabricadas en poliéster. 1985, 1 catamarán de regatas clase IC con resinas epoxi, primeiro construído en España. 1985-1987, 17 embarcacións auxiliares de pesca de 6,20 m de eslora e 2,6 m de manga en poliéster para Portugal. 1986, 1 embarcación de regatas de media tonelada de 9,05 m de eslora e 3,1 m de manga en poliéster. 4 embarcacións de transporte de persoal. 2 lanchas de transporte de mergulladores. 1986-1987, 3 arrastreiros de 26,5 m de eslora en aceiro. 1988-1989, 2 palangreiros refrixerados de 26,5 m de eslora e 27 m de eslora. 1 palangreiro conxelador de 27m 1989, unha embarcación clase One Tom de 12,16 m de eslora e 4,05 m de manga para a Armada Española. Un limpaportos Y-451 de 12 m de eslora 3 m de manga e 1, 2m de calado. 1989-1990, 3 palangreiros de 27 m, dous deles de 33,5 m. En aceiro. 1990, unha embarcación 3/4 de 10,16 m en poliéster. 1 palangreiro conxelador de de eslora. 1 buque de salvamento e limpaportos de 25 m de eslora. 1991-1992, 1 catamarán de 22 m en aluminio. 1 palangreiro de 33,5 m de aceiro. 1994-1995, 1 palangreiro de 25 m en aceiro. 1995, 1 embarcación de 11 m. 1997-1998, 5 arrastreiros por popa de 27,5 m en aceiro. 1999-2000, 2 atuneiros de 38,30 m de eslora en aceiro. 2000, 1 catamarán e un buque de pasaxeiros en poliéster. 2000-2001

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Antón Viscasillas, Jaime e Alejandro Anca Alamillo (2015). La Graña-La Cabana: base e industria naval (1726-2015) Madrid. ISBN 978-84-608-2681-1

Categoría:Empresas de construción naval de Galicia

Categoría:Ferrol