Dinain (Diseño Naval e Industrial S.L) é unha empresa do sector do deseño naval e industrial con sede en Narón, no polígono da Gándara. A empresa iniciouse no deseño naval traballando para Astano.
Deseño naval Traballa con programas de CAD como AutoCAD, MicroStation, Autohydro, SolidWorks, Ansys Workbench, FORAN (V40, V50.2 e V60), Aveva Marine, Smart Marine, Autoship ou Delftship.
A empresa deseña todo tipo de buques para pasaxe e mercadorías, gaseiros, petroleiros, dragas, remolcadores, plataformas offshore, buques de apoio a barcos plataforma (FPSO, DRILLSHIP, AHTS, PSV, OSRV) e buques militares.
Teñen traballado na serie F-100 para a Armada Española, F-310 para Noruega e destrutores AWD australianos. Deseño de buques anfibios Juan Carlos I (L-61) da Armada Española, ALHD para Royal Australian Navy. Submarinos programas Scorpène e S-80 ou buques de apoio loxístico Cantabria (A-15) e australianos.
Clientes Astilleros Españoles Construcciones Navales del Norte Factorías Vulcano Hijos de J. Barreras, S.A. Metalships & Docks Navantia Unión Naval de Valencia
Accionariado En 2014 a empresa de Madrid CT Ingenieros mercou o 80% de Dinain.Una multinacional comprará el 80 % del accionariado de Dinain lavozdegalicia.es En 2016 mercou o 100% da empresa.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Empresas de construción naval de Galicia Categoría:Narón