Starlette é un satélite artificial do CNES francés lanzado o 6 de febreiro de 1975 mediante un foguete Diamant B-P4 desde o Centro Espacial de Kourou.
Características Starlette foi lanzado para servir como reflector pasivo desde o espazo co que realizar medidas xeodésicas de alta precisión. Para iso ía recuberto con 20 zonas feitas de aliaxe de aluminio e magnesio con base triangular contendo tres retrorreflectores láser cada unha. O satélite en si tiña forma esférica de 12 cm de radio e 47,3 kg de masa, cun núcleo de uranio 238 e molibdeno.
En 1993 lanzaouse un satélite practicamente idéntico co mesmo fin denominado Stella.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Diamant B-P4 Stella (satélite)
Categoría:Satélites artificiais