Os pijaos (tamén coñecidos como piajaos, pixaos ou pinaos) son un pobo indíxena que habita no departamento de Tolima, en Colombia. Na era precolombiana poboaron a Cordilleira dos Andes entre os nevados de Huila, de Quindío e de Tolima; no alto val do río Magdalena e no Valle del Cauca. Os pijaos non chegaron a formar un estado centralizado, manténdose como pobos federados.

dereita|miniatura|260px|Mapa das civilizacións precolombianas. Os panches e os pijaos están agrupados como Tolima.

Lingua

A lingua pijao está moi mal documentada, e só se coñece un feixe de palabras. A lingua está extinta dende a década de 1950.«Pijao», informe no sitio web Ethnologue. Consultado o 1 de novembro de 2010. Gran parte da información sobre ela procede de frei Pedro Simón e outros cronistas españois e de "listas de vocabulario" recollidas en 1943 no concello de Ortega por Alicia e Gerardo Reichel-Dolmatoff, así como por Roberto Pineda Giraldo e Milcíades Chaves.Durbin y Seijas, 1973b Segundo Simón, os panches falaban a mesma lingua que os pijaos.

A lingua pijao foi incluída dentro da familia lingüística caribe por Paul Rivet,Rivet, Paul (1943) "La influencia karib en Colombia"; RIEN 1/1: 55-93; 283-295.Rivet, Paul; & Loukotka, Cestmír. (1950) "Langues d'Amêrique du sud et des Antilles"; A. Meillet & M. Cohen (Eds.) Les langues du monde: 1099-1160. París: Champion. porén, o exame do escaso vocabulario coñecido permite rexeitar que a lingua dos pijaos fora caribe.Durbin & Seijas, 1973, pp. 47-51 A evidencia lingüística non permite até o momento estabelecer parentescos filoxenéticos, pois é insuficiente.Adolfo Constenla Umaña, 1991, páx. 62 A lingua pijao permanece sen clasificarAdelaar, 2004, p. 53 ou é caracterizada como lingua illada.«Pijao», en Fabre, Alain (2005): Diccionario etnolingüístico y guía bibliográfica de los pueblos indígenas sudamericanos.]

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia Ligazóns externas Pijao Ethnologue Pijao en Encyclopædia Britannica

Categoría:Pobos indíxenas de Colombia