Manuel Hernández y Álvarez Reyero, nado en León o 17 de marzo de 1864 e finado en Soria o 18 de xullo de 1933, foi un arquitecto español vinculado á arquitectura civil da cidade de Santiago de Compostela. A el débese en boa medida a transición da arquitectura de comezos do século XX cara ao modernismo.

Traxectoria Hérnandez era fillo do enxeñeiro de camiños Manuel Hernández Muñoz e de Ninfa Álvarez Reyero. Comezou os estudos de arquitectura en Madrid en 1883. miniatura|Igrexa de Santo André, Astorga. Tras presentar o proxecto de fin de carreira "Bolsa para Madrid" recibiu o título de arquitecto en 1892. O seu primeiro traballo foi o de arquitecto auxiliar na Xefatura de Construcións Civís da zona do noroeste, onde acadou en 1895 o nomeamento de vocal. Entre 1894 y 1896 exerceu como arquitecto municipal de León, onde proxectou o ensanche da cidade. Este traballo favoreceu que accedera ó cargo de arquitecto diocesano de Astorga, onde proxectou a igrexa de San Andrés e en 1896 foi director de obra do Palacio Episcopal de Astorga, deseñado por Antoni Gaudí. En 1898 conseguiu unha medalla de prata na Exposición Nacional de Belas Artes. Radicouse en Santiago de CompostelaResumen de Arquitectura. Revista de la Sociedad Central de Arquitectos, nº 2, do 1 de febreiro de 1899, páx. 23 . en 1899 como arquitecto diocesano da Arquidiocese de Santiago de Compostela (cargo que ocupou ata 1914). Encargouse das obras da igrexa de Santa Lucía da Coruña, e foi ademais profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago. Desde 1909 foi socio da Sociedade Española de Historia Natural.Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural n.º 10, 1910, p. 23. En 1910 abandonou a cidade para ocupar a praza de arquitecto municipal de Cáceres.

Durante os seus anos en Santiago de Compostela tamén exerceu como arquitecto municipal, entre 1899 e 1910. Un importante número de vivendas da época asinadas por el mostran un estilo ecléctico e gusto modernista. Exemplos claro son a vivendas do número 17 da rúa do Castro na esquina coa Travesa da Universidade, de 1906 (aínda en pé), e tamén a do número 8 da rúa do Hórreo, de 1909 (hoxe derrubada).Vázquez Astorga, Mónica (2009). "Santiago de Compostela: lenguajes arquitectónicos y su reinterpretación en los primeros treinta años del siglo XX" Anuario Brigantino, nº 32, páx. 353 . Seu foi tamén o deseños do pavillón destinado a acoller o Centro Galego da Habana na cidade durante a celebración da Exposición Rexional de 1909.Gallaecia Fvlget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria, Universidade de Santiago de Compostela, 1995, páx. 462. ISBN 84-8121-304-7.

Outros traballos seus foron o proxecto da igrexa neogótica situada en Caritel (Ponte Caldelas) (1903-1916), os cines Odeón e Royalty de Vigo (1916), a reconstrución en estilo gótico das fachadas das igrexas de Santiago de La Coruña (1897-1912) e Betanzos (1898-1901).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en arquitecturamodernista.cat .

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en León Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1933