Antonio Domínguez Pérez, nado en Melón e finado en Ourense o 3 de marzo de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Sancristán. Veciño da Eirexa da parroquia de Quins. Membro da Irmandade da Fala de Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por tenencia ilícita de armas, foi condenado á pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 3 de marzo de 1937 con 28 anos.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Melón Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes