A hemorraxia ou sangrado consiste na perda de sangue producida pola rotura dun ou varios vasos sanguíneos, ben sexan vasos capilares (feridas leves), venosos ou arteriais. Nestes dous últimos casos, o sangue sae a presión e é preciso actuar rapidamente.

Clasificación Hemorraxias internas: rompe un vaso no interior do corpo sen que o sangue saia do mesmo Hemorraxias externas: diferénciase do anterior por mor de se producir unha ferida que rache ou corte a pel e que permita que mane ó exterior do corpo un fluxo sangíneo. Hemorraxias agudas: vértese velozmente o sangue facendo temer unha inminente desaparición das constantes vitais. Hemorraxias crónicas: Adoitan ser consecuencia dalgunha enfermidade que produce unha perda sanguínea paulatina.

Actuación ante a hemorraxia interna Se a hemorraxia interna é producida por unha rotura capilar estaremos ante unha mazadura á cal convirá aplicarlle xeo para, ó contraer mediante o frío os vasos sanguíneos, evitar que o negrón se estenda.

Ante unha hemorraxia interna arterial ou venosa é preciso pedir urxente axuda sanitaria, pois hai perigo de shock. Os síntomas que pode presentar unha hemorraxia interna arterial son Elevado ritmo cardíaco. Pel pálida Deixadez con somnolencia e escasa consciencia. Diminución da temperatura corporal superficial.

Investigación O día 12 de outubro de 2006 anunciouse que un equipo mixto de científicos da Universidade de Hong Kong (dirixidos polo Dr. Xo Kwok-Fai, xefe do Departamento de anatomía) e do MIT (EEUU) anunciou que descubrira por casualidade un composto capaz de frear as hemorraxias en 15 segundos. A investigación inicial pretendía traballar na rexeneración das células cerebrais e centrábase nos roedores, polo que faltaría a súa posible aplicación na cirurxía para humanos (onde o control de hemorraxias consome ata a metade do tempo das operacións). Os resultados publicáronse na revista Nature e, a pesar de non coñecer exactamente a natureza do novo material, supónse que se debe a que os seus péptidos actúan a nanoescala coma un xel protector sobre a ferida. Inicialmente o produto experimentouse para hemorraxias en cerebro, fígado, pel e tecido da medula espiñal, para as cales faría innecesario o uso dos habituais sistemas de presión con pinzas, esponxas e aplicación de calor. Cun prazo de inicio de cinco anos para as probas clínicas, non se prevía que o seu uso se xeneralizase ata o 2016.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:PatoloxíaCategoría:doenzas Categoría:Síntomas