miniatura|300px|Os stocks de bacallau do Atlántico foron gravemente sobreexplotaods nas décadas de 1970 e 1980, o que causou o seu abrupto colapso en 1992.
A sobreexplotación é a extracción de recursos renovables en tan gran cantidade que se chega a un punto que imposibilita a súa recuperación. A sobreexplotación continuada pode levar á destrución de recursos. O termo aplícase a recursos naturais como: plantas medicinais silvestres, herbas de pasto, animais de caza, stocks de peixes, bosques e acuíferos.
En ecoloxía, a sobreexplotación é unha das cinco principais actividades que ameazan a biodiversidade global. Os ecoloxistas usan o termo para describir poboacións que son explotadas a un ritmo que é insostible, dadas as súas taxas naturais de mortalidade e capacidades de reprodución. Isto pode ter como resultado a extinción de poboacións e mesmo de especies completas. Na bioloxía de conservación o termo utilízase xeralmente no contexto da actividade económica humana que implica a extracción de recursos biolóxicos ou organismos, en maiores cantidades que as que as súas poboacións poden soportar.Oxford. (1996). Oxford Dictionary of Biology. Oxford University Press. O termo é utilizado tamén e definido de forma algo diferente nas pesquerías, en hidroloxía e na xestión de recursos naturais.
A sobreexplotación pode orixinar a destrución de recursos, incluíndo as extincións. Porén, é tamén posible que a sobreexplotación sexa sostible, como se discute máis abaixo na sección de pesquerías. No contexto da pesca, o termo sobrepesca pode utilizarse en lugar de sobreexplotación, como tamén se usa sobrepastoreo na xestión do gando, ou sobrecorta na xestión forestal, exceso de descarga na xestión de acuíferos, e especie en perigo na monitorización e conservación de especies. A sobreexplotación non é unha actividade limitada aos humanos. Os predadores introducidos e herbívoros, por exemplo, poden sobreexplotar a flora e fauna nativa.
Aínda que a sobreexplotación non sempre conduza á extinción, a diminución da cantidade de recursos pode cambiar a súa calidade. Por exemplo, a palma Livistona rotundifolia é unha árbore silvestre do sueste de Asia cuxas follas se utilizan para cubrir os tellados e envolver a comida, e o exceso da súa recolección tivo como resultado que as súas follas se fixesen máis pequenas.
Historia
miniatura|Cando as aves xigantes non voadoras chamadas moa foron sobreexplotadas pola caza humana ata o punto de extinción, a aguia de Haast xigante, que era o seu depredador, tamén se extinguiu.
A preocupación pola sobreexplotación é relativamente recente, aínda que a sobreexplotación en si mesma non é un fenómeno novo, senón que vén observándose durante milenios. Por exemplo, as túnicas cerimoniais que usaban os reis de Hawai estaban feitas de plumas de paxaros mamo; unha soa destas túnicas requiría as plumas de 70 000 aves desta especie agora extinta. O dodo, unha ave non voadora da illa de Mauricio é outro exemplo ben coñecido de sobreexplotación. Igual que con moitas especies nativas de illas, non tiña medo e era inxenua ante os depredadores, permitía que os humanos e as especies introducidas por este se aproximasen e as matasen doadamente ou comesen os seus ovos.
Desde os tempos máis antigos, a caza foi unha importante actividade humana utilizada como medio de subsistencia. Hai toda unha historia de sobreexplotacións por exceso de caza. A hipótese do exceso de matanza (eventos de extinción do Cuaternario) explica por que as extincións de megafauna ocorrían en períodos relativamente curtos de tempo. Isto pode ser rastreado paralelamente á migración humana. A proba máis convincente desta teoría é que o 80% das especies de grandes mamíferos de Norteamérica desapareceron nos 1 000 anos seguintes da chegada dos humanos aos continentes do hemisferio occidental.Paul S. Martin A extinción máis rápida nunca rexistrada de megafauna ocorreu en Nova Zelandia, onde arredor do ano 1500 d.C., xusto 200 anos despois do establecemento humano dos maorís na illa, as dez especies de moas xigantes foron cazadas ata a extinción. Unha segunda ondada de extincións ocorreu nese país despois da colonización europea.
En tempos máis recentes, a sobreexplotación tivo como resultado da aparición gradual de conceptos como sostibilidade e desenvolvemento sustentable, aos que se engadiron outros conceptos como rendemento sustentable, ecodesenvolvemento e ecoloxía profunda.
A traxedia dos comúns miniatura|esquerda|Vacas en Selsley Common. A traxedia dos comúns é unha útil parábola para comprender como pode ocorrer a sobreexplotación.
A traxedia dos comúns refírese ao dilema descrito nun artigo con ese título escrito por Garrett Hardin e publicado na revista Science en 1968 sobre o uso de recursos de uso común, é dicir, comunal (os comúns). Tamén dispoñible en here.
O punto central do ensaio de Hardin ilústrase cun exemplo que é unha útil parábola para comprender como pode acontecer a sobreexplotación. Este exemplo foi esbozado primeiro nun panfleto de 1833 de William Forster Lloyd, como unha situación simplificada hipotética baseada nos terratenentes medievais en Europa, na que varios pastores compartían unha terra común na cal todos tiñan dereito a poder levar as súas vacas a pastar. No exemplo de Hardin, o interese de cada pastor é poñer todas as vacas que adquira a pastar na terra, incluso se se excede a capacidade de carga da terra común e como resultado queda temporal ou permanentemente danada para todos. O pastor recibe todos os beneficios de ter unha vaca máis, mentres que o dano aos comúns é compartido por todo o grupo. Se todos os pastores fan esta decisión económica racional individualmente, a terra común será sobreexplotada ou mesmo destruída en detrimento de todos. Porén, como todos os pastores chegan á mesma conclusión racional, prodúcese unha sobreexplotación en forma de sobrepastoreo, con perdas inmediatas, e o pasto pode ser degradado ata o punto no que dá moi pouco rendemento.
"Velaquí a traxedia. Cada home está pechado nun sistema que o impulsa a incrementar o seu rabaño sen límite nun mundo que está limitado. A ruína é o destino cara ao que corren todos os homes, cada un perseguindo o seu propio interese nunha sociedade que cre na liberdade dos comúns." (Hardin, 1968)
No seu ensaio, Hardin desenvolve o tema, presentando moitos exemplos de comúns dos últimos tempos, como os parques nacionais, a atmosfera, os océanos, os ríos e os stocks de peixes. O exemplo dos stocks de peixes fixo que algúns o denominasen a "traxedia dos pescadores". Un tema principal que percorre o ensaio é o crecemento das poboacións humanas, sendo os recursos finitos da Terra un común xeral.
Os antecedentes intelectuais da traxedia dos comúns poden remontarse a Aristóteles, que sinalou que "ao que é común para o maior número se lle prestan os menores coidados", e tamén a Hobbes e o seu Leviatán. A situación oposta a unha traxedia dos comúns denomínase traxedia dos anticomúns: unha situación na cal os individuos racionais, actúan separadamente, desperdiciando de forma colectiva un recurso dado ao subutilizalo.
A traxedia dos comúns pode evitarse se a súa explotación está apropiadamente regulada. O uso de Hardin do termo "comúns" foi frecuentemente mal entendida, o que levou a Hardin a salientar máis tarde que el debería ter titulado o seu traballo "A traxedia dos comúns non regulados".
Pesquerías miniatura|O atún Thunnus thynnus do Atlántico está a ser actualmente gravemente sobreexplotado. Os científicos dicen que a pesca de 7 500 toneladas ao ano é o límite sustentable, aínda que a industria pesqueira continúa extraendo 60 000 toneladas.
Nas pesquerías silvestres, a sobreexplotación ou sobrepesca ocorren cando un stock de peixes foi pescado por "debaixo do tamaño que, como media, soportaría o rendemento sustentable máximo a longo prazo da pesquería".NOAA: FishWatch glossary Consultado o 2 de febreiro de 2010. Porén, a sobreexplotación pode ser sustentable en certas condicións.
Cando unha pesquería empeza a extraer peixe dun stock antes inexplotado, a biomasa do stock de peixes diminúe, xa que a pesca significa que os peixes están sendo retirados. Para a súa sostibilidade, a velocidade á que os peixes volven a encher a biomasa por medio da súa reprodución debe equilibrar a velocidade á que se extrae o peixe. Se a velocidade de extracción se incrementa, entón a biomasa do stock diminuirá máis. Chegado a certo punto, alcánzase o rendemento de extracción máximo que pode ser sustentable, e posteriores intentos de incrementar a velocidade de extracción resultarán no colapso da pesquería. Este punto denomínase rendemento sustentable máximo, e na práctica, xeralmente ocorre cando se pescou no caladoiro ata quedar só o 30% da biomasa que tiña antes de que empezase a pesca.Bolden, E.G., Robinson, W.L. (1999), Wildlife ecology and management 4th ed. Prentice-Hall, Inc. Upper Saddle River, NJ.
É posible pescar este stock aínda máis, ata, digamos o 15% da biomase previa á explotación, e despois axustar a taxa de pesca para que a biomasa permaneza a ese nivel. Nese caso, a pesquería é sustentable, pero agora está sobreexplotada, porque o stock caeu ata o punto no que o rendemento sustentable é menor que o que podería ser.
Os stocks de peixes dise que "se colapsan" se as súas biomasas declinan en máis do 95 % da súa biomasa máxima histórica. Os stocks de bacallau do Atlántico foron gravemente explotados nas décadas de 1970 e 1980, o que levou ao seu abrupto colapso en 1992. Aínda que cesou a pesca, os stocks de bacallau non conseguiron recuperarse. A ausencia de bacallau como superdepredador en moitas áreas orixinou fervenzas tróficas.
Un 25% das pesquerías do mundo están agora sobreexplotadas ata o punto de que as súas biomasas actuais son menores que o nivel que maximiza os seus rendementos sustentables. Estas pesquerían minguadas poden a miúdo recuperarse se a presión de pesca se reduce ata que a biomasa do stock volva a unha base óptima. Nese punto, pode reiniciarse a pesca preto do rendemento sustentable máximo.
A traxedia dos comúns pode evitarse nas pesquerías se o esforzo e prácticas pesqueiros están debidamente regulados por unha boa xestión de pesquerías. Un enfoque efectivo pode ser asignar algunhas medidas de dereito a extraer parte dos recursos en forma de cotas transferibles individuais para os pescadores. En 2008, un estudo a grande escala de pesquerías que utilizan estas cotas transferibles, e as que non as utilizan, proporcionou fortes probas de que estas cotas axudan a impedir os colapsos e a restablecer as pesquerías que parecen estar en declive.New Scientist: Guaranteed fish quotas halt commercial free-for-allA Rising Tide: Scientists find proof that privatising fishing stocks can avert a disaster The Economist, 18th Sept, 2008.
Recursos hídricos
miniatura|esquerda|A sobreexplotación da auga suberránea dun acuífero pode orixinar unha curva de pico da auga na que a produción desta chega a un máximo e despois declina rapidamente.
Os recursos hídricos, como lagos e acuíferos, son xeralmente fontes renovables que se recargan de forma natural (o termo auga fósil utilízase ás veces para describir os acuíferos que non se recargan). A sobreexplotación ocorre se dun recurso hídrico, como por exemplo o acuífero Ogallala, se extrae auga a unha velocidade que excede a velocidade de recarga, é dicir, a unha velocidade que excede o rendemento constante práctico. A recarga xeralmente procede dos regatos, ríos e lagos da área. Os bosques potencian a recarga de acuíferos nalgúns lugares ao reteren unha maior cantidade de auga da chuvia (que non se perde como augas salvaxes e se infliltra), aínda que en certos climas xeralmente os bosques son a fonte principal de depleción de acuíferos. Os acuíferos minguados poden ser contaminados con nitratos, ou danados permanentemente por subsidencia ou por intrusión salina do océano.