Anxo Boán Rodríguez, nado en Sandiás (Vilaúxe, Chantada) o 7 de abril de 1961, é un e escritor e avogado galego.

Traxectoria A súa infancia na aldea, no mundo rural, marcará toda a súa obra literaria. Tras cursar Formación Profesional da rama de explotacións agropecuarias, fixo estudos de Bacharelato no instituto chantadino Lama das Quendas e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a avogacía en Chantada.

Colaborou coa revista Xistral e o xornal lugués El Progreso. Comparte habitualmente as súas creacións poéticas nas redes sociais.

O seu primeiro libro de poemas é As árbores das idades (2004):

Continuou con Poemas para unha alma ferida (2016), con Limiar de Xosé Lois García Fernández:

En 2017 publicou Corenta sonetos de amor e conforto, con Epílogo de Xulio López Valcárcel.

En 2018 publicou o poemario Déixame a lúa acesa. Segundo a editora: "O lector axiña identificará a musa do poeta coa súa propia namorada ou namorado, pretendida ou pretendido". Xosé M. Eyré sinala no limiar: "Entréganos así un poemario de expresividade limpa, clásica nos días que corren, que recupera a métrica e a rima e, sobre todo, o fulgor do sentimento como motor da vida".

Tamén escribiu narrativa, As cousas do Fuco (2016), con limiar de Pablo Rubén Eyré:

Para Xosé Lois García:

Segundo Alfredo Pardo:

Publicacións Poesía As árbores das idades (2004). ISBN 84-96315-03-7. Poemas para unha alma ferida (2016). Corona del Sur. ISBN 978-84-9973-561-0. Corenta sonetos de amor e conforto (2017). Ed. Círculo Rojo. ISBN 978-84-9175-930-0. Déixame a lúa acesa (2018). Ed. Círculo Rojo. 90 páxs. Ilustracións de Miranda García Fonseca. ISBN 9788417715410.

Narrativa As cousas do Fuco (2016). Letras de Autor. ISBN 978-84-16958-20-7.

Premios En 1976 foi premiado no Certame literario convocado pola asociación cultural Lumieira de Chantada pola obra de teatro Traxicomedia de Luís e Margarita En 1976 foi premiado no Certame convocado polo Círculo Recreativo e Cultural de Chantada pola obra de teatro Nadal Tráxico En 1980 foi premiado polo INMB de Chantada polo poema Camiñando de noite En 2001 gañou o premio Xohán de Requeixo En 2011 gañou o premio de xornalismo “Moncho do Pío” por un artigo no Xornal El Progreso sobre a muller traballadora na Ribeira Sacra chantadina

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 20px Anxo Boán presentou os seus “Poemas para unha alma ferida (2016) 20px Celebración “As cousas do Fuco” (2017) 20px Anxo Boán presentou “As cousas do Fuco” en Chantada (2017)

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Chantada Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Avogados de Chantada Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela