miniatura|Pintura dun fueguino (posiblemente un yaghan) feita polo artista do barco HMS Beagle Conrad Martens durante a visita do HMS Beagle. Os fueguinos son calquera das tribos de habitantes indíxenas da illa de Terra do Fogo, do extremo sur de Suramérica. Ás veces o termo tense utilizado para referirse ao pobo yaghan, pero é un termo equívoco por ser impreciso, xa que pode referirse a calquera das tribos que alí habitan ou habitaron. O termo procede do castelán, idioma no que fueguino pode referirse a calquera persoa do arquipélago.
Os indíxenas fueguinos pertencían a diferentes tribos incluíndo os ona (pobo selk'nam), haush (manek'enk), yaghan (yámana), e alacaluf (kawésqar). Todas estas tribos excepto a dos selk'nam vivían exclusivamente en zonas costeiras e tiñan as súas propias linguas. Os yaghans e os alacaluf viaxaban en canoas de madeira de bidueiro polas illas do arquipélago, mentres que os haush que habitaban tamén as costas non o facían. Os selk'nam vivían no interior da illa Grande da Terra do Fogo e alimentábanse principalmente cazando guanacos. Os ona eran exclusivamente cazadores-recadadores terrestres que cazaban animais terrestres como guanacos, raposos, roedores tuco-tucos e aves que aniñaban nas terras altas e tamén peixes e mariscos costeiros. Todas as tribos facían unha vida nómade e non tiñan asentamentos permanentes. Os pobos fueguinos falaban varias linguas distintas: tanto a lingua kawésqar coma a lingua yaghan son consideradas linguas illadas, mentres que os selk'nams falaban unha lingua chon igual que os tehuelches do continente.Adelaar, Willem (2010). "South America". In Moseley, Christopher. Atlas of the World's Languages in Danger (3rd Revised ed.). UNESCO. pp. 86–94. ISBN 978-9231040962.
Actualmente quedan poucos integrantes destes pobos, debido ao proceso de aculturación e ás mortes masivas sufridas durante os séculos XIX e XX. O sarampelo e outras doenzas traídas polos colonizadores case acabaron coa poboación orixinaria das illas da zona do cabo de Fornos.Itsz, Rudolf (1979). Napköve. Néprajzi elbeszélések (in Hungarian). Budapest: Móra Könyvkiadó. Translation of the original: Итс, Р.Ф. (1974). Камень солнца (in Russian). Ленинград: Издательство «Детская Литература». Title means: “Stone of sun”; chapter means: “The land of burnt-out fires”. 108,111 Produciuse tamén un verdadeiro xenocidio dos selk'nam, que foi autorizado e dirixido polos estancieros (donos de facendas) entre 1884 e 1900, que orixinou un gran declive da poboación indíxena.Gardini, Walter (1984). "Restoring the Honour of an Indian Tribe-Rescate de una tribu". Anthropos. Bd. 79, H. 4./6.: 645–47. As grandes compañías pagaban aos granxeiros de ovellas ou a milicias unha recompensa por cada selk'nam morto, o que se confirmaba presentando un par de mans ou orellas ou un cranio, e pagábase máis polas mulleres que polos homes.Magrassi, Guillermo Emilio (1987). Los aborígenes de la Argentina: ensayo socio-histórico-cultural. Editorial Galerna. ISBN 9789505600373. Consultado o 9 de xuño de 2019.José Luis Alonso Marchante "Selknam: Genocidio y resistencia" (Editorial Catalonia). 2019. ISBN 9789563247497.
Notas
Categoría:Pobos indíxenas de Chile Categoría:Pobos indíxenas da Arxentina