Linda Kay Davidson, nada o 20 de agosto en 1946 e finada o 24 de outubro de 2017, foi unha escritora canadense especializada en peregrinacións e no Camiño de Santiago.
Traxectoria Doutorouse pola Universidade de Indiana en 1980 e despois exerceu labor docente en diversas universidades, ata ser profesora da Universidade de Rhode Island deica o ano 2006. Viviu tamén longas temporadas da súa vida en Oaxaca. Escribiu diversas obras sobre peregrinacións, algunhas en solitario, e outras canda o seu home David Gitlitz.
En 1974 realizou a súa primeira peregrinación a Santiago de Compostela seguindo o Camiño Francés, e repetiu a peregrinación en 1979, 1987, 1993 e 1996.
Obra The Pilgrimage Road to Santiago: The Complete Cultural Handbook (2000), con David Gitlitz. The Pilgrimage to Compostela in the Middle Ages: A Book of Essays (2000) The Miracles of Saint James (2008) con Thomas F. Coffey Drizzle of Honey: The Lives and Recipes of Spain's Secret Jews (2000), con David Gitlitz. Pilgrimage: From the Ganges to Graceland: An Encyclopedia (2002), con David Gitlitz. Pilgrimage and the Jews (2005), con David Gitlitz. Pilgrimage to Santiago. A Comprehensive, Annotated Bibliography (1994), con Maryjane Dunn.
Notas
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Historiadores do Canadá Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2017