Kyle Alexander Kuzma, nado o 24 de xullo de 1995 en Flint, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 22 de xuño de 2017, Kuzma foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Brooklyn Nets. Ese mesmo día foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto a Brook Lopez, a cambio de D'Angelo Russell e Timofey Mozgov. O 3 de xullo de 2017, Kuzma asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.

O 6 de agosto de 2021, Kuzma foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre cinco equipos que mandou a Russell Westbrook ós Los Angeles Lakers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados no condado de Genesee, Míchigan Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards