María Soledad Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha científica galega especialista en microbioloxía e recoñecida investigadora a nivel mundial sobre o melanoma. Dende 2008 lidera o Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, equipo que vén traballando dende 2017 en torno ao papel que a proteína midkina xoga na metástase do melanoma.
Traxectoria Comezou a estudar na Universidade da Coruña e especializouse en Microbioloxía na Universidade Autónoma de Madrid. Obtivo o título de doutora con honores polo estudo dos mecanismos moleculares de replicación do ADN no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa. Nese centro participou no lanzamento da startup Bioncotech Therapeutics (2010) unha empresa con sede en Paterna que traballa no desenvolvemento de tratamentos contra o cancro a partir de ARN. No laboratorio deste centro formouse xunto a Margarita Salas.
De 1997 a 2002 foi investigadora no Laboratorio Cold Spring Harbor (Long Island, estado de Nova York) analizando os mecanismos da morte celular e a súa implicación no melanoma.Tamén desenvolveu investigación na Universidade de Míchigan.
Dende 2008 é responsable do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).
En 2022 ingresou na RAGC como académica correspondente xunto a Ana Cebreiro Gómez.
En 2023 foi nomeada presidenta da Asociación Española de Investigación contra o Cancro (AsEICa).
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.
Premios e recoñecementos Premio María Josefa Wonenburger Planells, 2009 Premio Estela Medrano, da Sociedade para a Investigación do Melanoma, 2017 Premio Excutivas de Galicia, 2017 Premio Constantes y Vitales, 2017 XXVI Premio Fundación Carmen e Severo Ochoa polos seus estudos sobre o melanoma e o seu impacto sobre os pacientes afectados por estes tumores. LXV Premio Fernández Latorre 2023 pola súa brillante traxectoria na loita contra o melanoma. 2026: doutora honoris causa pola Universidade da Coruña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal no CNIO Marisol Soengas Marisol Soengas: “Galicia debe invertir en ciencia a más largo plazo y ser competitiva a nivel internacional” Entrevista de Manuel Rey en GCiencia
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade da Coruña