Os mellores anos da nosa vida (en , tamén coñecido como Glory for Me e Home Again) é un filme estadounidense dirixido por William Wyler e protagonizado por Myrna Loy, Fredric March, Dana Andrews, Teresa Wright, Virginia Mayo e Harold Russell. O filme conta a historia de tres militares que se adaptan á vida civil despois de combater na segunda guerra mundial. Samuel Goldwyn inspirouse en producir un filme sobre veteranos despois de ler o 7 de agosto de 1944 un artigo de Time sobre as dificultades que experimentan os soldados que volven á vida civil. Goldwyn contratou o antigo correspondente de guerra MacKinlay Kantor para escribir o guión. O seu traballo foi publicado primeiro nunha novela, Glory for Me, que Kantor escribiu en verso branco.Orriss 1984, p. 119. Robert E. Sherwood adaptou a novela nun guión.
The Best Years of Our Lives gañou sete Premios Oscar en 1946, incluíndo o mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actor (Fredric March), mellor actor secundario (Harold Russell), mellor montaxe (Daniel Mandell), mellor guión adaptado (Robert E. Sherwood) e mellor banda sonora (Hugo Friedhofer)."The 19th Academy Awards (1947) Nominees and Winners." oscars.org. Consultado o 20 de novembro de 2011. Ademais do éxito entre a crítica, o filme axiña se converteu nun grande éxito comercial. Foi o filme con maior recadación e con máis espectadores dos Estados Unidos e do Reino Unido dende a estrea de Foise co vento, vendendo arredor de 55 millóns de entradas nos Estados Unidos"Domestic Total: Estimated tickets: 'The Best Years of Our Lives'." Box Office Mojo. Consultado o 10 de febreiro de 2015. o que equivale a $23 650 000."Box office: 'The Best Years of Our Lives'." Box Office Mojo. Consultado o 10 de febreiro de 2015.
Estreouse en galego o 14 de xuño de 1994 a través da TVG.La Voz de Galicia, 18 de xuño de 1994. Páx. 83
Personaxes Myrna Loy como Milly Stephenson Fredric March como Sarxento Al Stephenson Dana Andrews como Capitán Fred Derry Teresa Wright como Peggy Stephenson Virginia Mayo como Marie Derry Cathy O'Donnell como Wilma Cameron Hoagy Carmichael como Tío Butch Engle Harold Russell como Homer Parrish Gladys George como Hortense Derry Roman Bohnen como Pat Derry Ray Collins como Mr. Milton Minna Gombell como Mrs. Parrish Walter Baldwin como Mr. Parrish Steve Cochran como Cliff Dorothy Adams como Mrs. Cameron Don Beddoe como Mr. Cameron Marlene Aames como Luella Parrish Charles Halton como Prew Ray Teal como Mr. Mollett Howland Chamberlain como Thorpe Dean White como Novak Erskine Sanford como Bullard Michael Hall como Rob Stephenson Victor Cutler como Woody Merrill Robert Karnes como Sarxento técnico
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1946 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Wyler Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1946 con versión en galego