miniatura|Carballo da Casa Grande miniatura|Detalle do carballo A Casa Grande é un lugar da parroquia de Buciños, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. No INE en 2016 non aparece a poboación, si no SIXPAC e no Nomenclátor de Galicia. Está moi preto de Loureiro.
Toponimia O topónimo diríase case igual en latín, , co mesmo significado.
Patrimonio Como o seu nome indica é unha das casas boas da contorna. Desta casa é orixinario Don José Antonio Ribadeneira, auditor da Santa Rota Romana e bispo de Valladolid ata a súa morte en 1856. El foi quen trouxo para Buciños as reliquias do San Pexerto en 1823, unha riqueza para esta parroquia. A casa foi saqueada e tomada como cuartel xeral no tempo da Francesada.
Diante da entrada da casa atópase unha das árbores senlleiras de Galicia, un carballo coñecido como o avó de Europa.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Buciños
Parroquias de Carballedo
Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía