Antonio Remón Zarco del Valle y Huet, nado na Habana o 30 de maio de 1785 e finado en Madrid o 20 de abril de 1866, foi un militar, enxeñeiro e escritor español.
Traxectoria Traxectoria militar e política Participou na campaña de Portugal e despois na Guerra de Independencia española, conseguindo en 1812 o grao de brigadier. Foi capturado e conducido a París, onde permaneceu recluído en Vicennes, con outros xenerais españois, até ser liberado ao remata-la guerra.
Ao establecerse o goberno provisional constitucional en 1820, desempeñou durante sete días en marzo de 1820 a carteira de ministro da Guerra de forma interina. Cargo, a partir do cal seguiría ascendendo rapidamente: Mariscal de Campo en 1821, Capitán Xeneral de Aragón en 1822 e deputado pola Habana en 1823, perdendo ese ano tódolos seus honores e cargos. Foi Xefe do corpo de Estado Maior, ministro plenipotenciario en Nápoles (1821) e Inglaterra (1822) e tamén, en 1822, presidente da Deputación de Cataluña.
Trala morte de Fernando VII, foi ministro da Guerra no goberno de Cea Bermúdez (1833). Participou na primeira guerra carlista durante tres anos sendo ascendido a tenente xeneral dos exércitos (1836) e enxeñeiro xeral das prazas e fronteiras do reino, inspector xeral do rexemento de enxeñeiros. Posteriormente foi nomeado embaixador en Prusia, Austria e Rusia, conseguindo que as dúas primeiras potencias recoñeceran a Isabel II como raíña.
Foi senador pola provincia de Málaga de 1838 a 1841, e despois senador vitalicio de 1845 a 1866.
Traxectoria académica Foi autor de diversas publicacións de carácter histórico e científico, algunhas das cales publicáronse no Memorial do Arquivo do Corpo de Enxeñeiros. Foi membro fundador da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais en 1847, e foi o seu primeiro presidente dende 1848 até 1966. Ademais tamén foi membro numerario da Real Academia de Ciencias de Sevilla, así como numerario da Real Academia da Historia (elixido académico honorario en 1843, e xa como numerario o 11 de xuño de 1847, ocupando a Medalla nº7)Boletin de la Real Academia de la Historia. Tomo CLXXV, Nº II: 342. 1978, da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, da Real Academia de Belas Artes de San Luís de Zaragoza e da Real Academia de Belas Artes da Purísima Concepción de Valladolid. Foi socio do Ateneo de Madrid.
Igualmente. foi membro de diversas academias no estranxeiro: entre elas a Imperial de Ciencias de San Petersburgo, a de Ciencias Militares de Suecia, a Sociedade Xeolóxica de Francia ou a Sociedade Xeográfica de París, entre outras. Intentou crear unha Biblioteca Militar de Autores Españois.
Recoñecementos e títulos Xentilhome de cámara do rei, cabaleiro da Gran Cruz de Carlos III (1834), de Isabel a Católica, Laureada de San Fernando e San Hermenegildo, tres veces cabaleiro de primeira clase da de San Fernando e San Hermengildo, así como foi condecorado coas cruces das batallas de Bailén, Aranxuez, Almonacid, Chiclana e Albuera; dúas veces benémerito da patria e pai da provincia. Entre os títulos que obtivo, atopábase o de Cabaleiro do Vélaro de Ouro (1860).
Tamén obtivo diversas condecoracións no estranxeiro, como a gran cruz de San Bieito de Avis en Portugal, a Aguia Vermella de primeira clase de Prusia (1849) e grande oficial da Lexión de Honra de Francia.
Notas
Véxase tamén
Biografía Ovilo e Otero, Manuel (1859). «Zarco do Val (Excmo. Sr. D. Antonio Remon)» en Manual de Biografía y de bibliografía de los escritores españoles del siglo XIX II París:Libraría de Rosa y Bouret (pp. 236–237).
Outros artigos Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.
Categoría:Nados en 1785 Categoría:Finados en 1866 Categoría:Militares de España Categoría:Escritores de España Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Nados na Habana Categoría:Senadores de España Categoría:Ministros de España Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados