Sonia Villapol Salgado, nada en Bretoña (Pastoriza) o 8 de maio de 1977, é unha neurocientífica galega. Traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research, nos Estados Unidos de América.

Traxectoria

Filla do escultor Fernando Villapol ParaparDato citado na presentación do libro 'Ciencia e conciencia. Historia social' de Fernando Villapol en Ribadeo, o Día das letras galegas de 2022. e María Antonia Salgado, estudou na Universidade de Santiago de Compostela, acadando a licenciatura en Bioloxía con especialidade en Bioloxía molecular e Biotecnoloxía en 2003. Posteriormente trasladouse a Barcelona onde realizou un máster en Neurociencia e comezou os estudos de doutoramento no departamento de Bioloxía Celular, Fisioloxía e Inmuloxía da Universidade Autónoma de Barcelona. No ano 2007, defendeu a súa tese que trataba sobre os mecanismos da morte celular que ocorren no cerebro, obtendo unha cualificación de sobresaínte cum laude.

Tras esta experiencia estableceuse en Francia entre os anos 2007 e 2010, onde traballou como investigadora post-doc no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) na Universidade Pierre et Marie Curie e no INSERM en París. Tras esta etapa continuou a súa carreira nos Estados Unidos colaborando co Instituto Nacional da Saúde (NIH) e co Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa.

En 2014 comezou a traballar na Universidade de Georgetown coma profesora asistente no departamento de Neurociencia. O ano seguinte, as prestixiosas revistas American Journal of Pathology (dos Estados Unidos) e Brain (editada en Oxford), publicaron en outubro e novembro respectivamente un seu traballo no que demostraba que un dano cerebral podía derivar nunha doenza hepática. dereita|miniatura|Imaxe dos síntomas persistentes da Covid, creada por Sonia Villapol.

Sonia Villapol forma parte do Equipo de Investigación Internacional de covid-19, coordinando un equipo internacional de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro e ao sistema nervioso e os seus efectos a longo termo.

Publicou máis de setenta artigos científicos e a súa investigación céntrase no estudo da inflamación e da dexeneración do cerebro, na enfermidade de alzhéimer, na microbiota ou nos efectos da Covid.

En xuño de 2022, no Paseo dos Soños de Vilalba dedicóuselle o décimo Hectómetro Literario, por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María. Con motivo da homenaxe ela declarou o seu compromiso co galego:

Ten colaborado coa revista Grial; así, publicou no número 233, xunto con Xosé Guillerme Rodríguez Osorio, "Beneficios do bilingüismo no cerebro infantil". Tamén adoita publicar e colaborar con diversos medios de comunicación galegos como Praza ou La Voz de Galicia

Recibiu en 2020, o nomeamento de Lucense do ano no apartado de ciencia e en outubro de 2023, foi pregoeira das Festas de san froilán en Lugo.

Obra en galego

Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia (2023). Vigo: Xerais. 272 páxs. ISBN 978-84-1110-357-2. ePub: ISBN 978-84-1110-400-5. Cerebro en modo ON (2026). Vigo: Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-1176-609-8.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Sonia Villapol Blog de Sonia Villapol en "Investigación y Ciencia" Páxina web de Sonia Villapol na Universidade de Georgetown Artigos de Sonia Villapol en Praza.gal. Ficha no Houston Methodist

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Nados en Pastoriza Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Georgetown Categoría:Profesores da Universidade Pierre e Marie Curie