Manuel Albo Carballeira, nado en Xunqueira (Viveiro) o 7 de maio de 1886 e finado en Montevideo en 1935, foi un médico, profesor e político galego.

Traxectoria O seu tío paterno, Isidro Albo levouno ao Uruguai en 1891 con cinco anos e adoptouno. Estudou na escola local e despois foi interno ao Seminario de Montevideo. Ingresou na Facultade de Medicina con 19 anos, compaxinando os estudos co cargo de profesor da Escola de Enfermeiros. Obtivo unha bolsa e visitou clínicas de Francia, España, Inglaterra e os Estados Unidos de América. Ao regreso incorporouse como médico interno no Hospital Maciel. Traballou no Hospital Pasteur, na Clínica Lamas, no sanatorio da Casa de Galicia, do que foi director, e no hospital central de La Española. Foi profesor titular da Cátedra de Medicina Operatoria da Facultade de Medicina de Montevideo. Foi elixido deputado polo Partido Blanco en dúas ocasións, nos períodos lexislativos entre 1923 e 1931.

Recoñecementos A Facultade de Medicina creou un premio de investigación co seu nome. A Municipalidade de Montevideo púxolle o seu nome a unha céntrica avenida. A Casa de Galicia fíxolle unha homenaxe en 1947, na que participou Castelao e Antón Alonso Ríos.

Vida persoal Casou en Montevideo coa tamén médico Luisa Volonté Lalinde, e foi pai de Manuel Albo Volonté.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Diáspora galega Galegos no Uruguai Ligazóns externas Biblioteca del Poder Legislativo Uruguay .

Categoría:Médicos de Viveiro Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Médicos do Uruguai Categoría:Políticos do Uruguai Categoría:Alumnos da Universidade da República