Ilse Koch, nada como Margarete Ilse Köhler o 22 de setembro de 1906 e finada o 1 de setembro de 1967, foi a muller de Karl-Otto Koch, comandante do campos de concentración nazis de Buchenwald (1937–1941) e Majdanek (1941–1943). En 1947, converteuse nunha das principais personalidades nazis en seren xulgadas polas Forzas Armadas estadounidenses.

Despois do seu xuízo recibiu a atención dos medios internacionais, xa que os superviventes das súas accións describiron os abusos que realizaba ós prisioneisos como especialmente sádicos, e a imaxe dela como "a asasina do campo de concentración" estivo presente na sociedade alemá da posguerra. Foi acusada de tomar recordos da pel dos corpos dos mortos que presentaban tatuaxes, aínda que estas reclamacións foron rexeitadas en ámbolos xuízos. Era coñecida como "A bruxa de Buchenwald" (Die Hexe von Buchenwald) por mor da súa crueldade e lascivia cara ós prisioneiros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nazismo Categoría:Finados en 1967 Categoría:Suicidios en 1967 Categoría:Aforcados Categoría:Suicidas de Alemaña Categoría:Nados en Dresde