O aeroporto de Pulkovo (en ruso: Аэропорт Пулково) (IATA: LED, ICAO: ULLI) é un aeroporto internacional que serve á cidade rusa de San Petersburgo. Atópase a 23 km ao sur do centro da cidade. O aeroporto é centro de conexións de Rossiya Airlines (anteriormente Pulkovo Aviation Enterprise), e é unha cidade focal para Nordavia.

Historia A súa construción comezou en xaneiro de 1931 e completouse o 24 de xuño de 1932, coa chegada do primeiro avión procedente de Moscova ese mesmo día. Daquela era coñecido como "Aeroporto Shosséynaya", pola súa proximidade á estación de tren do mesmo nome.

Durante a segunda guerra mundial o aeroporto foi a fronteira nazi da franxa de Leningrado. Non houbo voos entre 1941 e 1944. Os outeiros próximos de Pulkovo foron ocupados polos nazis e empregados por artillaría de longo alcance para os bombardeos diarios da cidade. O aeroporto deixou de estar baixo o dominio nazi en xaneiro de 1944 e os voos de carga e correo retomáronse despois da reparación da pista en 1945.

No 1951 a terminal foi rediseñada para poder recibir avións máis grandes. A mediados dos 50 concluíuse unha nova ampliación da pista, permitindo acoller avións tan grandes coma o Ilyushin-18 e o Tupolev-104.

O 24 de abril de 1973 foi renomeado como "Aeroporto Púlkovo" (Аэропорт Пулково en ruso).

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do aeroporto

San Petersburgo