A avenida da MariñaO Goberno local establece mañá…O concello renovará o pavimento da avenida da MariñaCompañía de Tranvías é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade.

É habitual denominar avenida da Mariña a toda rúa entre a Porta Real e o Obelisco, aínda que o tramo entre a Porta Real e a rúa Luchana recibe o nome de avenida de Montoto, en honra a Lorenzo Montoto, un dos comandantes que defenderon a cidade fronte ao ataque de Drake en 1588.Avenida de Montoto: El capitán del que nadie se acuerda

A avenida dá nome á dársena da MariñaO goberno local propón a instalación dun banco corrido na dársena da Mariña e á travesía da Mariña, que une a avenida coa rúa Real.

Historia A avenida da Mariña ten a súa orixe no recheo que se fixo en 1858 para ampliar o porto coruñés. Ata ese momento o mar e os barcos chegaban case ata os edificios, o que podería dar o nome á rúa.

En 1922 denominouse avenida de Afonso XIII e entre 1931 e 1936 pasou a ser a avenida da República. En 1937 aprobouse unificar a avenida da Mariña coa de Montoto, mais o proxecto non se levou á práctica.

Durante o franquismo intentouse identificar o nome da avenida co da Mariña Española, polo que se colocou un monólito ao comezo da avenida.La marina: La calle más fotografiada

Dende 2006 existiron proxectos de peonalización, levando o tráfico por un túnel.La peatonalización quedó pendienteLa peatonalización total de la Marina está a la espera del túnel de O Parrote A remodelación finalmente rematou en 2016 e no proceso foi derrubado o edificio de Sanidade.El presidente de los arquitectos censura el derribo del edificio en Sanidad de la Marina

Arquitectura miniatura|Casas de Paredes Na área da avenida da Mariña sitúanse as casas con galerías máis coñecidas da Coruña. O conxunto, que deu á cidade o seu sobrenome de “Cidade de Cristal” construíuse en dúas fases, entre 1870 e 1876 e entre 1879 e 1884, e as súas fachadas principais están na rúa Rego de Auga e na praza de María Pita.Turismo Coruña O deseño dos soportais débese ao arquitecto municipal Juan de Ciórraga.

Entre estes edificios destacan as galerías deseñadas por Gabriel Vitini e a Casa Rey, obra modernista de Julio Galán Carvajal.Arquitectura modernista

Na avenida da Mariña consérvanse outros edificios destacados: Dente de ouro, de Leoncio Bescansa (1926-1927), denominado así porque brillaba en medio das galerías brancas.A arquitectura modernista Teatro Rosalía de Castro, do século XIX Casas de Paredes, de Pedro Martín Cermeño (1778) Edificio da antiga Aduana (1779, reformado en 1846 por Faustino Domínguez Domínguez), actual sede da Subdelegación do Goberno. Casa Obanza, de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1884). Casa López Abente (n.º 28), de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1927-1932) Edificio Martín Villardefrancos (n.º 73), de Andrés Fernández-Albalat (1961) Edificio do Casino e Banco Central, de Andrés Fernández-Albalat e Luis de Sala (1969) Sede de Correos, edificio art déco de Joaquín Otamendi e Luis Lozano (1930)Arquitectura postal. A Coruña O Teatro Colón, de Jacobo Rodríguez-Losada Trulock (1945).

Ata principios do século XX estivo na avenida a fonte da Fama, actualmente na praza de Santo André. Outros edificios desaparecidos da avenida foron o Teatro Circo Coruñés (1885-1901), no que tivo lugar a primeira proxección de cinema en Galicia, e o Teatro Circo Emilia Pardo Bazán (1903-1915).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Historia de la Zona Obelisco

Categoría:Rúas da Coruña