miniatura|dereita|Edificio da rúa da Torre na Coruña, obra art déco individual de Estellés (1931). Peregrín Estellés y Estellés,Observatorio nado en Valencia o 15 de marzo de 1891 e finado en Madrid en 1981 foi un arquitecto español.

Traxectoria Mentres estudaba na escola de arquitectura de Madrid coñeceu e estableceu amizade co coruñés Antonio Tenreiro, co que fundou un estudio en Madrid. En 1921 ambos os dous establecéronse na Coruña despois de seren contratados para a construción da sede do Banco Pastor. Tempo despois tamén se estableceu na cidade a irmá da súa esposa, que foi nai da matemática María Wonenburger.

En 1930 ingresou no servizo de valoración urbana do Ministerio de Facenda.

En 1969 volveu a Valencia, mais en 1973 trasladouse a Madrid, onde faleceu 8 anos despois.

Obras Xunto con Antonio Tenreiro deseñou obras destacadas como a casa Barrié, a casa Bailly ou o Gran Cine de Ortigueira.Ficha en do.co.mo.mo. Tenreiro realizaba o labor creativo, mentres que Estellés traballaba nas estruturas.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1981