miniatura|377x377px|Pancartas contra a mercantilización do Orgullo LGTBI en Chueca: Non ao capitalismo rosa e Orgullo é protesta. O capitalismo rosa (ás veces tamén chamado gaipitalismo ou capitalismo gai) é un termo utilizado para designar, desde unha perspectiva crítica, a incorporación dos discursos do movemento LGTBI e a diversidade sexual ao capitalismo e á economía de mercado, incluíndo especialmente o modelo de home gai, cisxénero, occidental, branco e de clase media-alta.Capitalismo Rosa. Fefa Vila. Asociación de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales RQTR. 10 de xullo de 2015. Capitalismo Rosa. David Molina. Asociación de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales RQTR. 10 de xullo de 2015. Capitalismo Rosa. Josué González. Asociación de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales RQTR. 10 de xullo de 2015. Capitalismo rosa. TVE. 2007. Tres debates sobre la homonormativización de las identidades gay y lesbiana. Asparkía. Investigación Feminista. 2015.
Consiste na obtención duns maiores beneficios ao incorporar ao consumo a sectores da poboación tradicionalmente discriminados, pero que adquiriron un poder adquisitivo suficiente, o denominado diñeiro rosa, como para xerar un mercado específico enfocado á comunidade gai, como bares e discotecas, turismo homosexual ou consumo cultural especializado.Zona Rosa como Territorio Queer. Entre la Empresarialidad, el Consumo y el Crisol de Identidades Gay. Universidad Autónoma Metropolitana. Novembro de 2013. El mercado gay, sexy para hacer negocios. CNN Expansión. 1 de febreiro de 2010.
Mentres que a configuración de espazos para o consumo LGTBI pode ser visto como unha oportunidade para a homosocialización, o feito de definir patróns de consumo provoca unha asimilación da diversidade sexual cara a patróns sexuais e de comportamento aceptados socialmente, como a monogamia, o interese pola moda dominante ou a definición de estéticas corporais fixadas por canons publicitarios.Cashing in on queers: from liberation to commodification. Canadian Online Journal of Queer Studies in Education. 2006. Capitalismo rosa: ser dinero o ser persona. Revista Hysteria. 16 de marzo de 2015.
Contexto histórico
Segundo algúns autores, en termos globais, a evolución do capitalismo rosa foi dalgunha forma paralela ao desenvolvemento do propio capitalismo moderno en Occidente. Aínda que sempre existiron sexualidades diversas, poden distinguirse tres períodos no desenvolvemento do mercado e negocios dirixidos á comunidade LGTBI, contribuíndo estes á súa vez á construción das diversas identidades sexuais:Out in the Market: A History of the Gay Market Segment in the United States. Journal of Macromarketing. Xuño, 2002.
Fase clandestina
miniatura|300x300px|Club LGTB Eldorado en Berlín durante os anos 1920.
Desde as últimas décadas do século XIX xa existían nalgunhas cidades de Europa e Estados Unidos bares, cabarés ou prostíbulos clandestinos dirixidos especialmente cara ao público homosexual. As persoas LGTBI eran frecuentemente perseguidas, aínda que comezaba unha primeira onda de loita polos dereitos LGTB que chegou incluso a publicar algunhas revistas de temática homosexual. Con todo, este primeiro movemento LGTB quedou desintegrado pola primeira e segunda guerra mundial e o auxe do fascismo en Europa.
Fase de creación de comunidades
Tras a segunda guerra mundial iníciase de forma xeral unha época de transición nas sociedades occidentais, tremendamente influídas pola homofobia dos fascismos. Aínda que os lugares e o consumo LGTBI seguen sendo marxinais, durante esta época créanse diversas asociacións incluídas dentro do movemento homófilo que buscan a valoración positiva da homosexualidade por parte da sociedade a través de encontros, publicacións ou festas benéficas, contrapostas aos comportamentos considerados marxinais e perversos como a promiscuidade, o cancaneo, a prostitución, as saunas ou as revistas eróticas.Gay Liberation Comes to France: The Front Homosexuel d’Action Révolutionnaire (FHAR) French history and civilization. 2005.
Fase de integración na cultura de masas
Os disturbios de Stonewall de 1969 marcan o comezo do movemento de liberación LGTB, caracterizado pola visibilidade pública e polos obxectivos de despenalización da homosexualidade e da integración social e política, aínda que cunha resposta marcada pola pandemia de VIH/SIDA e unha sociedade homófoba e puritana que desembocou no desenvolvemento do queer por parte dos grupos discriminados.Revolución Queer en el Madrid de los 90. Tercera Información. 26 de Outubro de 2007.
A partir dos anos 90, mediante o progresivo logro de dereitos e aceptación social, a discriminación que sufrían as persoas abertamente LGTB foi diminuíndo, ampliando a posibilidade de acceso a postos de traballo tradicionalmente heteronormativos, o que trouxo consigo un aumento do poder adquisitivo do colectivo LGTB, fundamentalmente o dos gais; moi relacionado coa tendencia dos dinkis, parellas con dous salarios e sen fillos. Estes procesos son palpables na dinámica que sufriron os barrios gais, que comezando por ser marxinais e degradados, atraeron á poboación LGTB polos seus baixos prezos e a seguridade que brindaba convivir con outras minorías sexuais. Estes barrios, tras ser rehabilitados en gran medida grazas á comunidade LGTB e porse de moda, paulatinamente sufriron procesos de xentrificación que soben os prezos e expulsan á poboación LGTB que non pode asumir os novos custos.Las consecuencias de la “gaytrificación”: cómo la subida de precios de los 'barrios gay' podría expulsar a este grupo. Eldiario.es – The Guardian. 15 de xaneiro de 2015.
Paralelamente a estes procesos, foise desenvolvendo un mercado cada vez máis especializado en torno ao colectivo LGTBI, que atende especificamente as súas necesidades mediante a venda de servizos e produtos exclusivos. Finalmente, a tendencia social xera que tamén distintas compañías e firmas acaben por incorporar a defensa dos dereitos LGTB ás súas políticas de empresa e códigos de conduta, chegando a financiar eventos LGTB.Queer Anti-Capitalism: What's Left of Lesbian and Gay Liberation? Guilford Press. 2005. Commodifying lgbt struggles makes us lose sight of what’s important. The Daily Telegraph. 8 de marzo de 2017.
Mecanismos
Aínda que é probable que sen a lexitimidade dada polo modelo capitalista de consumo non se conseguiron algúns dereitos civís e políticos en certas partes do mundo occidental, a consecución destes foi á conta da integración do colectivo LGTB nun marco vital e consumista heteronormativo. Neste sentido, o capitalismo rosa non é moi diferente ao capitalismo patriarcal postfordista, desde o cal se impulsou a integración das mulleres ao mundo do traballo produtivo mentres que se obviou estimular a incorporación dos homes ao traballo reprodutivo."Es un engaño que el trabajo asalariado sea la clave para liberar a las mujeres". Entrevista a Silvia Federici. El diario.es. 24 de maio de 2014. Material/queer theory: Performativity, subjectivity, and affinity-based struggles in the culture of late capitalism. Rethinking Marxism: A Journal of Economics, Culture & Society. 2004.
Da liberación sexual ao ideal de home gai
Desde unha mirada histórica, existe un paralelismo no proceso de liberación sexual e o paso dun sistema económico que necesitaba traballadores a un que necesita consumidores: as prácticas sexuais non reprodutivas como a masturbación, a sodomía ou a homosexualidade estaban prohibidas ou estigmatizadas por non xerar descendencia que era necesaria para manter o sistema económico, pero paulatinamente o proceso de mecanización do traballo posibilitou o paso a un sistema que xa non necesita tantos traballadores que manteñan a oferta como consumidores que aseguren a demanda, relaxando a presión sobre a sexualidade e posibilitando a tolerancia cara a outras formas de erotismo.
Con todo, a incorporación da diversidade sexual ao modelo capitalista non se fai por ter este un carácter social, senón pola posibilidade de clientes que aumenten a plusvalía. Pero debido a que o acceso á plusvalía é desigual, o sistema en si mesmo produce exclusión, facéndoo incompatible coa igualdade, a liberdade e o feminismo. É común advertir como o discurso dominante eloxia ás mulleres ou aos gais que conseguen postos de poder, conectando coa ideoloxía da meritocracia, o individualismo e a competitividade, mentres que xustifica que outros non consigan estes postos de poder porque non se esforzaron o suficiente, culpabilizándoos dalgunha forma; cando a razón de que outras persoas non poidan acceder a postos de poder provén do mesmo feito de que existan postos de poder que son exclusivos e excluíntes.How feminism became capitalism's handmaiden - and how to reclaim it. The Guardian. 14 de Outubro de 2013.
Doutra banda, a sociedade capitalista non aceptou a todas persoas sexo-diversas por igual. Tanto maior tolerancia social existe canto maior acceso a recursos teñan esas persoas, estando a orientación sexual e a identidade sexual coligadas ás cuestións de xénero, etnia e clase social.Gender, Sexuality and Capitalism. Pink Scare. 13 de xuño de 2012. Capitalism and Heterosexism: Judith Butler & Nancy Fraser. Foucault.info. 11 de xullo de 1998. Por tanto, en xeral son os homes gais, cisxénero, occidentais, brancos, urbanos e de clase media ou alta os que están aceptados dentro do marco social de consumo.¿Y qué pasa con las lesbianas? El País. 2 de xullo de 2015. "As persoas LGTBI que vivimos no rural somos vistas como exóticas. Ou se nos ignora ou se nos ridiculiza". Praza Pública. 20 de abril de 2016. As a non-binary person, I never see myself represented in advertisements – and I'd like it to stay that way. Independent. 19 de xullo de 2017. Ademais, este marco promove unha identidade homoxénea e heteronormativa do ideal de home gai, que ten unha determinada beleza, un corpo musculado e hipersexualizado, un comportamento masculino, éxito profesional e un poder adquisitivo concreto, establecendo que corpos son desexables e cales non; o que leva a que se despracen e marxinen, mesmo desde o propio colectivo gai, a homes con pluma ou que non se encadran dentro deste modelo estético.Consuming queer: the commodification of culture and its effects on social acceptance. Boston College Undergraduate Research. 2005.
Dereitos simbólicos e materiais
miniatura|250px|Situación legal das unións entre persoas do mesmo sexo en Europa:
Aínda que, dentro deste marco capitalista e dependendo do país, conseguíronse algúns dereitos simbólicos como o acceso ao matrimonio igualitario ou o recoñecemento da identidade de xénero, estes dereitos están subordinados aos recursos, á renda da persoa e á súa posición social. Os dereitos simbólicos deben por tanto estar soportados primeiro por dereitos materiais que garantan unha vida digna, ligando a cultura e o social á economía e o material.
Neste sentido, a tendencia foi a que o movemento gai non defina a axenda política, senón ao revés, adaptándose aos esquemas heteropatriarcais e heteronormativos definidos desde a óptica capitalista tradicional, incorporando a visión social de familia, propiedade, corpo, organización económica ou vivencia sexual desde os esquemas heterosexuais. Non se problematizou a matriz onde se insiren os dereitos LGTB. Por exemplo, loitouse por conseguir o matrimonio igualitario, sen cuestionar o concepto de matrimonio, a súa historia, si é necesario na sociedade ou si outros tipos de matrimonio son posibles, converténdose a loita polo matrimonio igualitario, sostida polo ideal de amor romántico, na meta prioritaria do movemento LGB que fai parecer que non exista nada máis polo que loitar, detendo desta forma a emancipación sexual a través dunha condena moralista da sexualidade libre.
Política e movemento LGTBI