Space Optical Communications Research Advanced Technology Satellite, máis coñecido polo seu acrónimo SOCRATES, é un satélite artificial do NICT (Instituto Nacoinal da Información e as Tecnoloxías da Comunicación) do Xapón e lanzado o 24 de maio de 2014 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características SOCRATES é un pequeno satélite de 48 kg de masa adicado a probar comunicacións por láser usando o instrumento SOTA (Small Optical Transponder). Estabilízase nos tres eixos usando propulsores alimentados por peróxido de hidróxeno e a alimentación eléctrica corre a cargo de dous paneis solares.
Véxase tamén Outros artigos H-IIA
Notas
Categoría:Satélites artificiais