Luz Gómez García, nada en Madrid en 1967, é unha arabista e tradutora española. É profesora titular de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Autónoma de Madrid. Foi galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2012 pola versión ó español de En presencia de la ausencia, do palestino Mahmud Darwish.http://internacional.elpais.com/internacional/2012/02/15/biografiaeldebate/1329335948_194094.html
Traxectoria Doutora en Filoloxía Árabe pola Universidade Autónoma de Madrid, ampliou estudos na American University do Cairo e investigou no Centro de Estudos e Documentación Económica, Xurídica e Social (Centre d’études et de documentation économiques, juridiques et sociales) do Cairo e no Instituto Francés de Estudos Árabes de Damas (Institut Français d’Etudes Arabes de Damas). Foi tamén profesora titular de Tradución na Universidade de Alacante e na Universidade de Columbia (Nova York). Pertence ó grupo investigador Travelling Concepts in Feminist Pedagogy, da Rede Europea ATHENA.
En 2012 foi galardoada polo Ministerio de Cultura de España co Premio Nacional de Tradución de España pola versión española de En presencia de la ausencia (Fi Hadrat al-ghiyab, 2006), do palestino Mahmud Darwish.
Notas
Categoría:Tradutores de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades sen imaxes