Der Untergang é un filme xermano-italiano-austríaco que foi dirixido por Oliver Hirschbiegel, e escrito e producido por Bernd Eichinger. É un filme histórico e bélico que amosa os derradeiros dez días de Adolf Hitler dirixindo a Alemaña nazi en 1945. Baséase en varias historias dese período. O filme recibiu a aclamación da crítica e foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.
Sinopse En abril de 1945, Adolf Hitler decide ficar en Berlín no canto de fuxir. A segunda guerra mundial xa está sentenciada, mais nas rúas da capital do Terceiro Reich aínda se libra unha batalla moi encarnizada contra os soviéticos. Hitler e mailos seus fieis están atrincheirados no búnker da chancelaría. Entre eles atópase a súa secretaria persoal, Traudl Junge. No exterior, a situación empeora drasticamente. Malia que Berlín xa non resiste máis, e que os seus oficiais recomendan a Hitler fuxir, el négase a abandonar a cidade. Acompañado tamén de Eva Braun, o ditador alemán prepara a súa despedida.
Personaxes
Bruno Ganz como Adolf Hitler Alexandra Maria Lara como Traudl Junge Ulrich Matthes como Joseph Goebbels Corinna Harfouch como Magda Goebbels Juliane Köhler como Eva Braun Thomas Kretschmann como SS-Gruppenführer Hermann Fegelein Heino Ferch como Oberbefehlsleiter Albert Speer Christian Berkel como SS-Obersturmbannführer Dr. Ernst-Günther Schenck André Hennicke como SS-Brigadeführer Wilhelm Mohnke Götz Otto como SS-Sturmbannführer Otto Günsche Ulrich Noethen como Reichsführer-SS Heinrich Himmler Christian Redl como Generaloberst Alfred Jodl Rolf Kanies como Hans Krebs Michael Mendl como Helmuth Weidling Matthias Habich como SS-Obersturmbannführer Prof. Dr. Werner Haase Birgit Minichmayr como Gerda Christian Dietrich Hollinderbäumer como Generalfeldmarschall Robert Ritter von Greim Dieter Mann como Generalfeldmarschall Wilhelm Keitel Justus von Dohnányi como Wilhelm Burgdorf Gerald Alexander Held como Walther Hewel Thomas Thieme como Reichsleiter Martin Bormann Thomas Limpinsel como SS-Obersturmbannführer Heinz Linge Hans Steinberg como General der Flieger Karl Koller Heinrich Schmieder como SS-Oberscharführer Rochus Misch Thorsten Krohn como SS-Obersturmbannführer Dr. Ludwig Stumpfegger Jurgen Tonkel como SS-Obersturmbannführer Erich Kempka Igor Romanov como SS-Obersturmbannführer Peter Högl Igor Bubenchikov como SS-Obersturmbannführer Franz Schädle Michael Brandner como Hans Fritzsche Christian Hoening como SS-Obergruppenführer Ernst-Robert Grawitz Anna Thalbach como Hanna Reitsch Bettina Redlich como Constanze Manziarly Devid Striesow como Feldwebel Fritz Tornow Elizaveta Boyarskaya como Erna Flegel Mathias Gnädinger como Hermann Göring Alexander Slastin como Vasily Chuikov
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Oliver Hirschbiegel Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes rodados en Berlín Categoría:Filmes rodados en Alemaña Categoría:Filmes rodados en Rusia Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes ambientados en 1942 Categoría:Filmes ambientados en 1945