Pablo Rubén Jorge Eyré, nado en Vilanova (A Laxe, Chantada) o 1 de abril de 1958, é un escritor en lingua galega.
Traxectoria Ten colaborado nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia, La Región e en Artes e Letras, suplemento cultural do Faro de Vigo, co pseudónimo de Xohana de Arxilleiros. Tamén foi colaborador de Dorna, revista de expresión poética galega da USC. Un dos seus poemas máis emblemáticos figura posto en pedra pola Deputación Provincial de Lugo no alto da Serra do Faro, a petición pública de Uxío Novoneyra.
Dende moi novo desenvolveu diversas actividades políticas e culturais en defensa dos intereses de Galiza. Durante uns anos presidiu a asociación cultural Lumieira, fundou o colectivo cultural Agrela e a Irmandade Cultural País do Faro. Á súa vez tivo un papel destacado na fundación da revista de información e debate Alén-Parte. Foi tamén presidente do Círculo Recreativo e Cultural de Chantada e formou parte da directiva do Centro PEN Galicia. Actualmente é membro do padroado da Fundación Insua dos Poetas e do Consello de Redacción da revista Alicerces.
Obra Narrativa A verdade nos espellos, 2015, Sotelo Blanco, ISBN 978-84-7824-648-9.
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
Premios XV Premio Vicente Risco de Creación Literaria (2014). por A verdade nos espellos.
Notas
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1958 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega