Chingiz Aitmatov (, Çıñğız Aytmatov, چىڭعىز ايتماتوۋ [tʃɯŋˈʁɯs ɑjtˈmɑtəf]; , Chingiz Torekulovich Aytmatov), nado en Sheker o 12 de decembro de 1928 e finado en Nürnberg o 10 de xuño de 2008, foi un escritor e diplomático soviético e kirguiz que escribiu en ruso e kirguiz. Unha das figuras máis recoñecidas da literatura de Kirguizistán.

Traxectoria Naceu de pai kirguiz e nai tártara, comunistas de primeira hora que servían como funcionarios en Sheker. En 1937 as autoridades acusaron ao pai de " nacionalismo burgués" en Moscova, arrestárono e executárono en 1938.

Aitmatov estudou na escola soviética da súa vila natal, mais tivo que traballar desde novo. Con catorce anos exercía como axudante da secretaría soviética na vila. Traballou despois como recadador de impostos, cargador e axudante de enxeñeiro entre outros empregos. En 1946 ingresou no departamento de gandería do Instituto Agrícola Kirguiz en Frunze, aínda que despois pasou ao Instituto de Literatura Maxim Gorki en Moscova, onde viviu entre 1956 e 1958. Nos seguintes oito anos traballou para Pravda como correspondente en Kirguizistán . Interesado no cinema foi membro do xurado en varias edicións do Festival Internacional de Cinema de Moscova e tamén do Festival Internacional de Cinema de Berlín. En 1980 saíu do prelo a súa primeira novela, И дольше века длится день, que é unha das súas obras máis recoñecidas, traducida a varias linguas. Плаха apareceu en 1988.

Obra dereita|miniatura|Aitmatov en 2007 Chinghiz Aitmatov pertencía á xeración de escritores de posguerra. Os seus primeiros traballos literarios apareceron en 1952 en ruso: "«Газетчик Дзюйдо" e "Ашым" mentres o seu primeiro en kirguiz,"Ак Жаан", data de 1954. Pero foi "Jamila"Publicada practicamente á vez en revistas tanto en ruso como en kirguiz, neste último caso co título de Обон ("Melodía"). En 1959 as dúas versións publicáronse en forma de libro:Iraj Bashiri "Aitmatov's Jamila: An Analysis", o seu primeiro libro, publicado en 1958 o que lle deu visibilidade, a súa produción anterior non fora significativa, algúns relatos e unha novela curta, Лицом к лицу en kirguiz. En Jamila a través dos ollos dun rapaz adolescente conta como Jamila, unha moza aldeá, separada do seu marido, un soldado, pola guerra, namórase dun militar inválido, que se atopa na súa aldea e que traballa canda todos na carga do cultivo de gran. En 1963 recibiu o premio Lenin por "Повести гор и степей. Outros traballos representativos son a novela curta Прощай, Гульсары, 1966 e a longa Белый пароход (1978). En 1980 saíu do prelo И дольше века длится день, que é unha das súas obras máis recoñecidas, traducida a varias linguas. Плаха apareceu en 1988.

Na obra de Aitmatov o folclore é un elemento fundamental, recreando e sintetizando narracións orais no contexto da vida contemporánea; en case todas as súas historias aparece algún mito, unha lenda ou un conto tradicional. En И дольше века длится день unha lenda poética sobre un cativo novo que se converte un mankurt serve de alegoría tráxica, converténdose en símbolos significativos da filosofía da novela.

Un segundo aspecto a obra de Aitmatov é a proximidade o que denomina os nosos "pequenos irmáns", os animais, intimamente e inseparablemente conectados coas vidas dos humanos. Os dous personaxes centrais de Прощай, Гульсары son un home e o seu garañón. Un camelo xoga unha función prominente en И дольше века длится день; e Плаха principia e remata coa historia dunha manda de lobos e a gran nai loba Akbara e a súa camada; as vidas dos humanas entran na narración entrelezándose coa vida dos lobos. Algunhas das súas historias leváronse ao cinema, como Первый учитель en 1965 ou a turca Selvi Boylum, Al Yazmalım (1978).

En entrevistas Aitmatov afirmou que consideraba tanto o kirguiz como o ruso as súas linguas nativas, moitas das súas primeiras obras foron en kirguiz, que el despois traduciu ao ruso; a partir de 1966 tras a publicación de Прощай, Гульсары escribiu principalmente en ruso.Ирина Мельникова: Работу над сборником Айтматова считаю подарком судьбы 27 de maio de 2015

Carreira diplomática Chinghiz Aitmatov foi o primeiro o embaixador da Unión Soviética, e máis tarde de Kirguizstán, na Unión Europea, OTAN, UNESCO e o Benelux.

Libros miniatura|Tumba de Aitmatov preto de Bishkek

Лицом к лицу, 1957 Джамиля, 1958 Первый учитель, 1962 Повести гор и степей, 1963 Прощай, Гульсары, 1966 Белый пароход, 1970 Восхождение на Фудзияму, 1973 Пегий пес, бегущий краем моря, 1977 Ранние журавли, 1979 И дольше века длится день, 1980 Плаха, 1986 Тавро Кассандры, 1996 Когда горы падают, 2006

Notas

Véxase tamén Alykul Osmonov

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Embaixadores de Kirguizistán na Unión Europea Categoría:Embaixadores da Unión Soviética en Luxemburgo Categoría:Nados en Kirguizistán Categoría:Escritores en lingua kirguiz Categoría:Premio Lenin Categoría:Escritores da Unión Soviética Categoría:Heroes do Traballo Socialista