Nagarjun, nado en Satlakha o 11 de xuño de 1911 e finado en Darbhanga o 5 de novembro de 1998, foi un poeta en hindi e maithili, autor tamén dun importante número de novelas, relatos, biografías literarias e libros de viaxe, coñecido como Janakavi, o poeta do poboAn ocean of intellect passes into history The Tribune, 29 de novembro de 1998.

Traxectoria

Primeiros anos Nagarjun naceu como Vaidya Nath Mishra en 1911 en Bihar. A súa nai morreu cando tiña tres anos, e quedou ao coidado dos seus familiares. Estudou sánscrito, pali e prácrito na súa localidade natal e mais en Varanasi e Calcuta. Casou con Aparajita Devi e a parella tivo seis nenos.

Carreira As súas primeiras composicións foron poemas en maithili co sobrenome de Yatri (यात्री) durante os primeiros anos da década de 1930 e a mediados desa década principiou a escribir poesía en hindi. Durante un tempo foi profesor en Saharanpur (Uttar Pradesh), pero o seu desexo de afondar nos escritos budistas fíxoo ingresar no mosteiro de Kelaniya en Sri Lanka, onde se converteu en 1935 en monxe budista, como xa fixera o seu mentor Rahul Sankrityayan adoptando o nome de "Nagarjun". Mestres estivo no mosteiro estudou tamén o pensamento leninista e marxista. Volveu á India en 1938 e entrou na "Escola Política de Verán" organizada polo dirixente campesiño Sahajanand Saraswati fundador de Kisan Sabha. Incesante viaxante percorreu boa parte da India nas décadas décadas de 1930 e 1940 aínda que entre 1939 e 1942 estivo na cadea por liderar unha axitación campesiña en Bihar.

Xogou un papel importante no movemento Jayaprakash Narayan e pasou polo cárcere durante once meses no coñecido como período de emerxencia (1975-1977).

Obra Os temas da súa poesía son variados. Entre as súas composicións máis coñecidos está Bādal kō Ghiratē Dēkhā hai (: ), unha crónica de viaxe de seu. A miúdo escribiu tamén sobre asuntos sociais e políticos contemporáneos. O seu poema Mantra Kavita (मंत्र कविता), está amplamente considerado como a reflexión máis precisa da súa propia xeración. En Āō Rānī Hama Ḍhōēṅgē Pālakī (: ) humilla sarcasticamente ao entón primeiro ministro da India, Jawaharlal Nehru, pola extravagante benvida que lle deu á raíñaIsabel II. Ademais tamén foi capaz de realizar exercicios de beleza poética en temas máis inusitados, como un poema baseado nunha porca porca ou unha serie de poemas dedicados a un exemplar de Artocarpus heterophyllus. É un dos poucos poetas en hindi que chegou tanto os sectores populares como ás elites indias Kulwant Rai Gupta e Amita Gupta (2006) Concise Encyclopaedia Of India, vol.1 Volume 1. Atlantic Publishers, p. 283. O seu poemario en maithili Chatra converteuse nun dos primeiros clásicos modernos nesa linguaAmar Nath Prasad (2007) Indian Poetry In English: Roots And Blossoms, vol. 1. Sarup & Sons, p. 230. En 1997 publicou un poemario bilingüe hindi-bengalí Mein Militri Ka Boodha Ghoda cos versos que compuxo en bengalí en 1978 e 1979 e tamén deixou algúns poemas en sánscrito en diversas revistas.

Moitas das súas novelas trazan a loita dos desposuídos das castas baixas contra os ricos señores da terra das castas altas en Bihar Yogendra Kumar Malik e Carl Lieberman (1975) Politics and the Novel in IndiaBrill Archive, p. 20. Noutras describe a explotación dos marxinados no medio urbano.

Linguas O maithili foi a súa lingua materna e nel escribiu poemas, ensaios e novelas, aínda así a lingua da maioría das súas obras foi o hindi, idioma que empregou tanto en rexistros altamente sanscritizados como na súa forma vernacular. Tamén tiña un bo coñecemento do bengalí e adoitaba escribir para diarios de Bengala, estivo próximo á xeración de poetas coñecida como Bhookhi Peerhi e axudou a Kanchan Kumari a traducir o poema longo de Malay Roy Choudhury, Jakham, ao hindi.

Libros

Poesía Yugdharao Kal aur Aaaj Satrange Pankhon Wali Talab ki Machhliyan Khichri Viplava Dekha Humne Hazar Hazar Bahon Wali Purani Juliyon Ka Coras Tumne Kaha Tha Akhir Aisa Kya Kah Diya Maine Is Gubare Ki Chhaya Mein Yeh Danturit Muskaan Mein Militri Ka Boodha Ghoda Ratnagarbha Aise bhi hum kya Bhool jao purane sapne Apne Khet Mein Chandana Fasal Akal aur Uske bad Harijan Gatha Badal ko ghirate Dekha hai Aaj main beej hoon

Novelas Rati Nath Ki Chachi (1948) Balachnama (1952) Baba Bateshar Nath Himalaya ki betiya Nai Paudh Varun Ke Bete Dukh Mochan Ugratara Jamania Ka Baba Kumbhi Pak Paro and Asman Mein Chanda Tare. Abhinandan Imaratia Sita Usko Navturiya

Ensaios Ant Hinam Kriyanam. Bum Bholenath Ayodhya ka raja

Libros en maithili Patrahin Nagna Gachh (poemario) Chitra (1949, poemario) Paro (novela) Navturiya (novela) Balchnma (novela)

Notas

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Escritores en lingua hindi Categoría:Nados en Bihar Categoría:Escritores da India Categoría:Monxes budistas Categoría:Escritores en lingua maithili Categoría:Escritores en lingua bengalí