miniatura|Tarot de Visconti Sforza miniatura|Unha versión artística-contemporánea das cartas de Tarot. O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran a cerna do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.

A comunidade científica asimila todo uso non lúdico do tarot ao campo da pseudociencia.

Orixes e controversia miniatura|Baralla moderna de cartas inspirada no Tarot de Marsella.|esquerda|260x260px Dáse en 1299 a primeira mención coñecida en Europa aos xogos de cartas, concretamente no manuscrito italiano Trattato del governo dell famiglia, escrito por Pipozzo di Sandro. Nel alúdese, como ocorrerá noutras referencias do século XIV, á presenza das cartas (chamadas tamén naips, naibi, chartae, karten nos seus respectivos dominios culturais) nas apostas e nos ambientes populares ou marxinais. Outra das mencións máis temperás corresponde ao Principado de Cataluña cando o Consell de Cent prohibe (1310) os xogos de cartas en Barcelona.J. Amades y J. Colomines, "Els Soldats i altres Papers de Rengles" (Barcelona, 1933-1936) vol. II p. 7. Presuntamente entran en Francia cara á segunda metade dese século. En 1376 a cidade de Florencia prohibe un xogo de recente chegada que se chama naibbe e un ano despois, preto de Basilea, un frade dominico chamado Johannes escribe o Tractatus de moribus e de disciplina humanae conversacionis no que se refire a un ludus cartarum e achega detalles sobre a súa composición (catro reis, dous mariscais, dez cartas de puntos cos mesmos paus...). É a descrición máis antiga do que posteriormente se coñecerá coma arcanos menores do xogo moderno e contemporáneo ao que se engadirán as láminas dos tarots renacentistas.

A hipótese máis estendida é que os xogos de cartas proceden de Oriente; cítase como proba o conxunto de cartas iluminadas do Exipto mameluco do s. XV, conservadas no Museo Topkapi de Istanbul. O xogo componse de catro secuencias moi similares ás das barallas do centro e sur de Europa. Non semellaría aventurado que mazos similares chegasen a través dos mamelucos a Europa, antes de seren expulsados polos otománs. Por outra banda, a orixe remota deses naipes puido ser chinesa, a través de Persia. Desde tempos moi antigos usábanse na China pequenas follas ou tarxetas feitas en papel e en marfil mencionadas xa desde o s. X, aínda que sen vínculo aparente coas barallas descritas arriba.

Deféndese tamén a hipótese dunha creación puramente europea, que explicaría por exemplo a etimoloxía da palabra árabe naibi a partir do flamengo knaep, "papel". Mais cumpriría distinguir os mazos de cartas para xogo documentados en Europa desde a época medieval -que incluían puntualmente algunhas imaxes das que acabarán constituíndose en canon- daquilo que se considera o núcleo significativo do que entendemos por Tarot, a serie de láminas enigmáticas que semellan compoñer un conxunto sapiencial de imaxes. Estas aparecen, con pequenas variantes, na Francia e na Italia de finais do século XV e inicios do XVI.

No momento en que o Tarot, xa baixo o formato que se populariza a partir do XVIII, se converte en xogo de mesa e en artefacto presuntamente adiviñatorio, as especulacións fantásticas sobre a súa verdadeira orixe proliferan sobre todo en Francia e no Reino Unido: legado en clave da tradición exipcia, suma sincrética de saberes ocultos (gnosticismo, cábala hebrea, alquimia, catarismo...), pervivencia de símbolos relixiosos da India a través do pobo xitano etc. Moitos manuais do século XXI que reproducen sen contrastar obras anteriores repiten tamén lendas (coma a do Tarot encargado por Carlos VI de Francia) que agachan invencións e inexactitudes históricas. Paralelamente, outros autores aseguran que cómpre distinguir a verdade histórica contrastable (que os primeiros tarots proveñen de Italia e están datados a mediados do século XV) dun estudo profundo das láminas que deron lugar, por exemplo, ao Tarot de Marsella. Segundo estes, só poderían explicarse no contexto dunha época moi temperá, poucos anos despois da morte de Cristo; outros, a partir da mesma suposición, sitúan no comezo do segundo milenio a creación das cartas.

Etimoloxía

A palabra Tarot, común hoxe a moi diversas linguas, é de etimoloxía escura. Desbotada unha orixe culta clásica ou presentando dúbidas outras máis antigas e exóticas -coma a deriva desde o sánscrito tara e tarati, "o que nos leva á outra beira" segundo os Tantras- propostas xa desde o XVIII, aparecerán en 1505 os primeiros antecedentes directos, o termo italiano Tarocchi e o provenzal Taraux.

Historia e descrición Estudos actualizados concordan en que as primeiras versións coñecidas do Tarot —do que despois se chamarán arcanos maiores— localízanse en Milán (ano 1440 ou 1441) e en Ferrara (ano 1465 ou 1470) aínda que existen referencias directas polo menos dúas décadas antes e continúan as investigacións para un consenso científico sobre as diversas coleccións de cartas. Semella haber acordo con respecto aos denominados Tarots Visconti-Sforza e Tarocchi de Mantegna. Non é posible afirmar rigorosamente que o Tarot ou os tarots tivesen unha orixe independente das barallas e se sumaron despois ou é que en realidade naceron como partes diferentes dunha mesma estrutura.

Xogos da mesma familia con distintos nomes —coma o chamado Tarot de Besançon— irán aparecendo en Francia, xa no último cuarto do XV, e en séculos sucesivos noutros países de Europa central —na rexión do Selva Negra ao sur da Alemaña, na Suíza, Austria, Piemonte ou Hungría—. Desde o XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e pouco a pouco se revelaron como un dos cernes do esoterismo contemporáneo xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia. Pero foron as imaxes, moitos dos nomes das cartas e mais a súa orde no Tarot de Marsella as que remataron establecéndose como modelo. A primeira versión que se rexistra dese mazo, con substanciais e perdurables innovacións (coma o naipe O Sol asociado aos dous xemelgos) será publicada polo parisiense Jean Noblet en 1650, pero recentes procuras tiraron á luz na Universidade de Yale a chamada folla de Cary, na que queda fóra de toda dúbida o feito de que as imaxes do tarot marsellés —cuxas edicións primitivas datan do inicio do XVIII— teñen orixe tamén no Renacemento italiano. O primeiro modelo do tarot moderno de Marsella, moi probablemente herdeiro de formatos anteriores, será impreso por Pierre Madenie (1709) en Dijon.

No Tarot de Marsella, que se considera canon para o resto dos tarots posteriores, os 78 naipes distribúense do seguinte xeito: 56 ao modo das barallas europeas en series de catro paus (ouros, copas, espadas e bastos) con dezaseis unidades cada un (dez cartas numeradas ás que se suman catro figuras da aristocracia: sota ou paxe, cabaleiro, rei e raíña). As outras 22 inclúen unha carta sen numerar (co nome Le Mat, Le Fol ou O Tolo) e unha serie cifrada ao xeito romano, mais non o convencional: Le Bateleur ou O Mago (I); La Papesse ou A Papisa (II); L'Impératrice ou A Emperatriz (III); L'Empereur ou O Emperador (IIII); Le Pape ou O Papa (V); L'Amoureux ou Os Amantes (VI); Le Chariot ou O Carro (VII); La Justice ou A Xustiza (VIII); L'Ermite ou O Ermitán (VIIII); La Roue de Fortune ou A Roda da Fortuna (X); La Force ou A Forza (XI); Le Pendu ou O Colgado (XII); unha lámina sen nome cunha representación da Morte (XIII); Tempérance ou A Temperanza (XIIII); Le Diable ou O Demo (XV); La Maison Dieu ou A Torre (XVI); L'Étoile ou A Estrela (XVII); La Lune ou A Lúa (XVIII); Le Soleil ou O Sol (XVIIII); Le Jugement ou O Xuízo (XX); Le Monde ou O Mundo (XXI).

Imaxe129x129px130x130px129x129px127x127px127x127px122x122px130x130px129x129px124x124px127x127px127x127pxNúmeroIIIIIIIIIIVVIVIIVIIIVIIIIXXINomeO MagoA PapisaA EmperatrizO EmperadorO PapaOs NamoradosO CarroA XustizaO ErmitánA Roda da FortunaA ForzaImaxe132x132px127x127px127x127px127x127px127x127px126x126px130x130px131x131px126x126px130x130px128x128pxNúmeroXIIXIIIXIIIIXVXVIXVIIXVIIIXVIIIIXXXXI-NomeO Aforcado -A TemperanzaO DemoA TorreA EstrelaA LúaO SolO XuízoO MundoO Tolo

Uso recreativo En canto ao seu uso recreativo, o Tarot é un xogo composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais. No xogo dáse caracteristicamente un conxunto composto por vinte e un trunfos, unha carta sen número (que evolucionará ao Joker na baralla francesa) e catro paus de naipes (ouros, copas, espadas e bastos / diamantes, corazóns, picas e trevos na baralla francesa) con catorce cartas cada un, dez delas numeradas e catro figuras (Sota, Cabalo, Rei, Raíña). Dependendo do xogo, o Joker pode actuar como un trunfo ou pode xogarse para evitar o seguinte.

O tarot desde o século XVIII miniatura|Baralla de Tarot fabricada en Mannheim, c. 1778. |260x260px A vertente lúdica do Tarot pasou a ser a anécdota fronte á concepción das súas 78 cartas como chave mestra para outras actividades: adiviñación, acceso a doutrinas esotéricas, indagación místico-simbólica ou meditación, liñas en débeda coa pescuda filosófico-relixiosa a través dos arquetipos (coma os de Hermes/ Hermes Trismegistos e Prometeo) que xa se tería producido douscentos anos antes nos tarots de Mantegna e de Visconti-Sforza.

A pesar de que os mesmos autores e autoras que estudaron o tarot como ferramenta máxica intentaron -desde Court de Gébelin (1725-1784) ao esoterista de orixe galega Papus (1865-1916)- asimilar os seus arcanos a unha sabedoría ancestral, a cartomancia xa se practicaba, sobre todo no ámbito popular, como unha máis entre as disciplinas mánticas na Europa do Renacemento. Será outro francés, Jean Baptiste Alliette, Etteilla (1738-1791), o primeiro autor coñecido que se consagre á lectura adiviñatoria do Tarot inspirado polas especulacións de Gebélin. O campo xa estaba sementado para que as diversas doutrinas esotéricas (rosacrucismo, masonería, gnosticismo etc.) reclamasen ata hoxe como válida a súa intepretación dos naipes, apoiándose con frecuencia noutras artes fóra xa da ortodoxia da época, en especial a cábala, a astroloxía e a alquimia, ou ben invocando documentación de misteriosa procedencia. Grupos coma a Orde da Aurora Dourada fixeron do Tarot unha das pedras basilares dos seus estudos e contribuíron desde o Reino Unido e Irlanda á extensión das cartas polos EE.UU. No mundo anglosaxón foise impoñendo progresivamente a preferencia pola baralla esotérica denominada Tarot Rider-Waite (1910), que contén significativos cambios na imaxinística e mesmo na orde dos arcanos maiores.

As prácticas adiviñatorias do Tarot difiren entre innumerables tendencias e persoas. A grandes trazos, preténdese que a extracción das cartas, sexa a partir dunha estrutura xa dada (a máis popular é a denominada cruz céltica) ou en eleccións secuenciais ao azar, poden reflectir o momento presente, acontecementos do pasado ou do porvir, en función da pregunta que se realice. Para descodificar os arcanos, aínda que varios deles (A Xustiza, Os Amantes, A Forza...) semellan obvios pola súa filiación ao contexto cultural xudeocristián de raíz clásica, é imprescindible un coñecemento previo. As claves semánticas dos naipes teñen que ver coa numeroloxía, con diversas relixións (especificiamente co cristianismo), coas mitoloxías indoeuropeas e mediterráneas, cos saberes citados arriba de tipo esotérico e co propio universo referencial, ás veces moi complexo, que establecen entre si as cartas das barallas con maior tradición.