Gerard Valentín Sancho, nado en Avinyonet de Puigventós (Xirona) o 28 de xullo de 1993, é un futbolista español. Xoga de lateral dereito e o seu equipo actual é o Huesca.
Traxectoria É fillo de Albert Valentín Escolano, futbolista que xogou en Segunda División co Barcelona Atlético e coa UE Figueres, e irmán do tamén futbolista Pol Valentín.
Formouse nas categorías inferiores da UE Figueres e pasou a súa etapa de xuvenil no Girona FC e o seu primeiro ano de afeccionado no Sevilla. En 2013 debutou en Segunda B como futbolista da UE Olot.
En 2014 o Nàstic e a UE Olot chegaron a un acordo polo traspaso dos seus dereitos federativos, firmando un contrato de dos anos coa entidade tarraconense. En 2016 renovou o seu contrato ata xuño de 2019. Xogou un total de 75 partidos co Nástic.
O 12 de xullo de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña por catro temporadas. No club coruñés non dispuxo apenas de minutos e o 15 de xaneiro de 2019 anunciouse a súa cesión ata o remate da tempada ó CD Lugo.Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo O 12 de agosto de 2019, anunciouse unha nova cesión do xogador ó Lugo, desta vez para a tempada 2019-20.Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo O 14 de setembro o Lugo anunciou a fichaxe do xogador en propiedade cun contrato por dous anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Avinyonet de Puigventós Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UE Olot Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña