Incoga Norte é unha empresa construtora con sede na Coruña especializada en proxectos comerciais e de reformas. Está considerada, segundo o informe Ardán, como unha das 10 empresas galegas máis rendibles."A Coruña concentra las empresas mejor gestionadas, más rentables y con más valor" La Opinión Coruña. A empresa realiza traballos para empresas como Inditex, Caramelo, Levis ou Porcelanosa. Forman parte do grupo as empresas Aplicanor, Decorga e Cercons. Incoga Norte ten certificacións de xestión ambiental, calidade e compromiso de mellora cos traballadores.

En 2014 a empresa foi acusada de incumprir a normativa laboral suíza ao ter traballadores en Zara en Bahnhofstrasse (Zürich) que estaban a cobrar 900 euros ao mes, a metade que marca o convenio suízo traballando 60 horas á semana.

En 2017 Decorga foi acusada na Arxentina de someter un dos seus traballadores a condicións próximas á escravitude. Segundo a acusación, ao traballador contratado en España como pintor, cancelóuselle o billete de volta e encomendáronselle labores de xefe de obra.

Notas

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Inditex