A lingua nez perce ou niimi'ipuutímt é unha lingua sahaptiana relacionada cos numerosos dialectos do sahaptin. O nome "nez perce" provén do francés "nariz furada," malia que os nez perce (que se chaman a si mesmo niimíipu, "o pobo") non practican esta decoración. Isto puido deberse a unha confusión entre os franceses, que estaban rodeados de tribos que practicaban este acto. O nez perce está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas