miniatura|Après la bataille. Acuarela de Nestor Outer realizada durante a primeira guerra mundial. Nestor Outer, nado en Virton o 2 de abril de 1865 e finado na mesma localidade o 30 de abril de 1930, foi un pintor e escritor belga na variedade gaumesa do lorenés.
Traxectoria Fillo de pequenos comerciantes, dende moi novo se apaixonou coa pintura e estudou na Academia de Belas Artes de Bruxelas, e despois baixo a dirección do orientalista Jean-François Portaels. Logo de rematar os estudos en 1890 volveu á súa vila natal como profesor de debuxo; especializouse na pintura en acuarela con máis de 300 obras realizadas, aínda que tamén pintou unhas trinta ao óleo Bodson, Bernardette, Culot, Didier, Jacquemin, Georges, Nestor Outer, Fondation Kélyddon, 2001. Na súa pintura predoniman os temas e paisaxes rurais locais mais tamén lle gustaban os temas orientais e exóticos, con temas recollidos das súas viaxes por Oriente e os países mediterráneos. Foi un dos fundadores e colaborou na revista literaria e humorística Le Gaumais que se publicou entre 1903 e 1904. Durante a primeira guerra mundial a súa obra converteuse en testemuña dos acontecementos bélicos.
Obra en lorenés Teatro Li Sint-Djan-Batisse (1 acto, 1904) Li siervante (2 actos, 1919) On woeyaedje di moirt (1 acto, 1925) Prosa Li tchesse å bos (1906) Dictionnaire bio-bibliographique des Littérateurs d'expression wallonne p. 304-305
Obra en francés Crónicas de viaxes Au pays de la soif (1901) Une croisière en Méditerranée, (1910) Notas
Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Pintores de Bélxica Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua lorenesa Categoría:Nados en Valonia