José Ángel Fernández Meis, coñecido como Meis, nado no Grove o 31 de xullo de 1914 e finado en Saint-Herblain (Loira Atlántico, Francia) o 14 de novembro de 1998, foi un político galego.
Traxectoria Membro das Juventudes Comunistas e do PCE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado na illa de Sálvora con outros compañeiros, pero foi detido. Para salvar a vida alistouse no exército rebelde e en setembro de 1937 intentou pasarse á zona republicana na fronte de Aragón. Foi detido e condenado a morte por deserción en Zaragoza en 1938. A pena foi conmutada por 30 anos de reclusión maior e despois por 12 anos e un día de reclusión menor.
Pasou primeiro polo campo de prisioneiros da Academia Militar de San Gregorio (Zaragoza), logo a cadea de Zaragoza, do Dueso (Santoña) e o Batallón de Traballadores nº 121, en Aragón. Posteriormente pasou polas prisións de Burgos, Celanova e Ourense. En 1941 foi destinado a un batallón de traballadores no campo de internamento das minas de Fontao. Alí foi un dos responsables da reorganización do PCE, converténdose no secretario de organización da primeira dirección do partido na clandestinidade encabezada por Belarmino Álvarez Muñiz como secretario xeral.
Saíu en liberdade provisional o 18 de abril de 1944. Logo de obter a liberdade definitiva en 1946 marchou a Trintxerpe onde traballou de mariñeiro.Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). De alí marchou a Nantes, onde morreu. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados no Grove Categoría:Finados en 1998 Categoría:Nados en 1914 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes