Teens of Denial é o décimo terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado o 20 de maio de 2016 a través do selo Matador Records. Trátase do segundo traballo do grupo editado por Matador e o primeiro formado por material novo, tras o recompilatorio Teens of Style.
Antecedentes A composición de Teens of Denial comezou no ano 2013, pouco despois do lanzamento do oitavo álbum de Car Seat Headrest, Nervous Young Man. Debido á lonxitude e complexidade dos álbums anteriores, o vocalista e compositor principal Will Toledo decidiu centrarse en escribir música que fose máis simple e máis doada de tocar ao vivo. Toledo describiría Teens of Denial como un bildungsroman, engadindo, "compúxeno durante un período da miña vida durante o cal non estaba sentindo moito amor. O seu ton e contido reflexan iso. Fíxeno porque iso é o que fago - os discos sempre marcaron as distintas fases da miña vida, e precisaba saír desta, polo que necesitaba facer un disco". O álbum foi fortemente influenciado pola época de Toledo na universidade no College of William and Mary en Williamsburg, Virginia, pero tamén está influenciado pola vida de Frank Sinatra e polo libro de Ernest Becker de 1974 The Denial of Death.
Nunha entrevista con Uproxx, Toledo destacou que lle levara dous anos rematar de compoñer o álbum, xa que quería que as cancións fluísen xuntas de xeito coherente. Descartes dese período editáronse no EP de 2014 How to Leave Town.
Lanzamento Nunha entrevista en novembro de 2015 con Billboard, Toledo afirmou que o álbum de 2015 da banda, Teens of Style, iría seguido de Teens of Denial, indicando que sería o primeiro en contar cun produtor externo e un son "totalmente diferente". O 23 de febreiro de 2016 lanzouse o sinxelo principal de Teens of Denial, "Vincent", xunto cun vídeo musical que o acompañaba. O 24 de marzo Toledo anunciou a data de lanzamento do álbum para o 20 de maio e estreou o seu segundo sinxelo, "Drunk Drivers/Killer Whales".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Car Seat Headrest Categoría:Álbums musicais de 2016 Categoría:Álbums de Matador Records