miniatura|Esker en Fulufjället, oeste de Suecia. 200px|right miniatura|Vista érea dun esker parcialmente asolagado en Billudden ao norte de Uppland, Suecia. Nótese que a súa forma está algo modificada por procesos costeiros. Un esker é unha elevación ou crista longa e sinuosa formada por area e gravas estratificadas, que é típica de rexións con glaciares ou que anteriormente tiñan glaciares de Europa e Norteamérica. Os eskeres teñen frecuentemente varios quilómetros de longo e, debido á súa peculiar forma uniforme, parécense algo aos terrapléns das vías de ferrocarril.

Etimoloxía miniatura|Algunhas porcións da autoestrada Denali en Alasca están construídas sobre eskeres. O termo esker deriva da palabra da lingua celta irlandesa eiscir (en irlandés antigo escir), que significa "crista ou elevación, especialmente a que separa dúas superficies planas ou deprimidas". A palabra irlandesa utilízase para describir concretamente cristas longas e sinuosas, que agora sabemos que son depósitos de material fluvio-glacial. O exemplo mellor coñecido de eiscir é o Eiscir Riada, que discorre atravesando case toda a illa de Irlanda desde Dublín a Galway, unha distancia de 200 km, e é seguido estreitamente pola estrada principal de Dublín a Galway.

Nalgúns países tamén se lle chama eskar, eschar, asar ou osar. Outro sinónimo procedente do sueco é os, que procede da palabra sueca para esker, ås.

Xeoloxía

A maioría dos eskeres crese que se formaron dentro de túneles de paredes de xeo dun glaciar orixinados por correntes que fluían dentro dun glaciar. Adoitan formarse nas épocas de máximo glacial, cando os glaciares son lentos e pouco activos. Ao conservaren a forma que tiñan as paredes de xeo derretidas, os depósitos das correntes permaneceron en forma de cristas sinuosas. A auga pode fluír en dirección ascendente se está baixo presión nun tubo pechado, como pode ser un túnel no xeo.

Os eskeres poden tamén formarse sobre os glaciares por acumulación de sedimentos en canais supraglaciais, en crevasses (gretas), en zonas lineais entre bloques estancados, ou en estreitos embalsamentos nas marxes do glaciar. Os eskeres fórmanse preto da zona terminal do glaciar, onde o xeo non se move tan rápido e é relativamente delgado.*

miniatura|esquerda|Esker no Sims Corner Eskers and Kames National Natural Landmark, Washington, USA. Nótense as árbores nas beiras do esker e o único camiño que cruza o esker á dereita da foto, que proporcionan unha escala. miniatura|Os eskeres en relación con outros depósitos glaciais e fluvioglaciais. 1) baseamento, 2) capa de till, 3) inlandsis en retroceso, 4) esker, 5) drumlin, 6) morena terminal, 7) chaira exposta tras lago de auga de fusión, 8) kames, 9) kettles. O fluxo plástico e fusión do xeo basal determina o tamaño e forma do túnel subglacial. Isto á súa vez determina a forma, composición e estrutura do esker. Os eskeres poden orixinarse como unha soa canle ou poden ser parte dun sistema ramificado con eskeres afluentes. Xeralmente non aparecen como cristas continuas, senón que teñen espazos que separan os segmentos ondulantes. As cristas dos eskeres normalmente non están nivelados durante moita distancia, senón que adoitan ser protuberantes. Os eskeres poden ser de crista ancha ou aguda con lados con moita pendente. Poden chegar a ter centos de quilómetros de lonxitude e son xeralmente de 20 a 30 m de altura.

O traxecto que segue un esker está gobernado pola presión de auga en relación co xeo situado sobre el. Xeralmente a presión do xeo chega a ser dabondo grande como para facer que os eskeres flúan na dirección do fluxo glacial, pero fórzaos a pasar polos puntos máis baixos posibles, como vales ou leitos de ríos, que poden desvialos da vía directa do glaciar. Este proceso é o que produce eskeres anchos sobre os cales se poden construír estradas e autoestradas. Unha presión menor, como a que se dá en certas áreas durante o máximo glacial, pode causar que o xeo funda sobre o fluxo da corrente e cree túneles moi arqueados e de paredes inclinadas.Shreve, R.L., 1985, Esker characteristics in terms of glacier physics, Katahdin esker system, Maine: GSA Bulletin, v. 96, p. 639–646.

A concentración de restos de rochas no xeo e a velocidade á que os sedimentos chegan ao túnel pola fusión e polo transporte de sedimentos desde augas arriba da corrente determina a cantidade de sedimentos dun esker. Os sedimentos xeralmente consisten en area e grava de gran groso depositada pola auga, aínda que poden encontrarse materiais limosos con grava nos lugares onde os restos de rochas son ricos en arxila. Este sedimento está estratificado e seleccionado, e normalmente consiste en croios/material do tamaño de cantos con pedras grandes ocasionais. A estratificación pode ser irregular, pero case sempre está presente, e a estratificación cruzada é común.

Bioloxía nos eskeres Os eskeres son fundamentais para a ecoloxía do norte do Canadá. Varias plantas que crecen nos eskeres, como as Ligusticum porteri e as arandeiras vermellas, son alimentos importantes para os osos e aves migradoras; moitos animais, desde os osos grizzly aos lobos da tundra ou esquíos de terra poden facer toqueiras nos eskeres para sobrevivir durante os longos invernos.National Geographic Almanac of Geography, 2005, page 155, ISBN 0-7922-3877-X

Exemplos miniatura|Parte do Esker Mason miniatura|Mount Pelly ou Ovayok En Suecia o esker Uppsalaåsen esténdese uns 250 km e pasa a través da cidade de Uppsala.

O Parque do Gran Esker discorre ao longo do Back River en Weymouth, Massachusetts e nel encóntrase o esker máis alto de Norteamérica (28 m).

Pispala en Tampere, Finlandia está sobre un esker situado entre dous lagos escavados por glaciares. Un sitio similar é Punkaharju na rexión dos lagos de Finlandia.

Na vila de Kemnay en Aberdeenshire, Escocia hai un esker de 5 km de lonxitude ao que chaman Kemb Hills.

Hai uns 1 000 eskeres no estado norteamericano de Míchigan, principalmente na parte central sur da Península inferior. O maior esker de Míchigan ten unha lonxitude duns 35 km e chámase Mason Esker, que se estende en dirección sur-sueste desde DeWitt pasando por Lansing e Holt e acaba preto de Mason.

Os sistemas de eskeres que existen no estado de Maine esténdense ao longo duns 160 km.

O esker Thelon discorre ao longo de 800 km e esténdese pola fronteira entre os Territorios do Noroeste e Nunavut no Canadá.

Outro exemplo é Ovayok ou Mount Pelly no Parque Territorial de Ovayok, en Kitikmeot, Nunavut, Canadá.

Ás veces constrúense estradas ao longo de eskeres para aforrar gastos. Exemplos disto son a autoestrada Denali en Alasca, a estrada Transtaiga no Quebec e o tramo "Airline" da estrada 9 do estado de Maine entre Bangor e Calais. Hai numerosos eskeres longos no Parque estatal de Adirondack ao norte do estado de Nova York.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web sobre o Esker Riada Diagrama que ilustra (i) un túnel nun glaciar orixinado antes da retirada do xeo, que forma (ii) un esker meandriforme en The Ice Melts: Deposition na páxina 6 de "Pennsylvania and the Ice Age" publicada en 1999 por PA DCNR Bureau of Topographic and Geologic Survey

Categoría:Xeomorfoloxía