miniatura|346x346px|Cuarto de baño típico. miniatura|385x385px|Cuarto de baño en Hong Kong, onde a área para ducharse comparte o mesmo espazo que o inodoro e o lavabo. Un cuarto de baño (chamado tamén sanitario ou simplemente baño) é unha habitación xeralmente utilizada para o aseo persoal, o baño e a evacuación de refugallos humanos.
Elementos fundamentais dun baño Bañeira e/ou ducha, aínda que tamén existe o baño de visitas que non adoita ter este elemento. Inodoro ou retrete utilizado para a evacuación. Lavabo (tamén chamado lavamans), onde se adoitan lavar as mans. Tamén se usa para afeitarse (os homes), cepillarse os dentes ou colocarse lentes de contacto. Espello, onde se reflicte a nosa imaxe e podémonos ver (adoita servir de apoio para peitearse, para retocarse a maquillaxe, afeitarse etc). Adicionalmente, tamén poden terse os seguintes elementos: Bidé, recipiente baixo con auga corrente e desaugadoiro, ideado para asear os órganos xenitais externos e o ano, aínda que tamén é utilizado para lavarse os pés; Armarios ou baldas para almacenar produtos de aseo. Urinarios, elementos usados nos sanitarios públicos para cabaleiros (recintos educativos, centros comerciais, oficinas etc.) sendo moi raro o seu uso en cuartos de baño residenciais.
Accesorios habituais Toalleiros, tanto para toallas de man como de baño; Portarrolos, para colocar o papel hixiénico; "Escobilleiro", para facilitar a hixiene do inodoro e doutras zonas.
Particularidades En certos baños non se instalan todos os aparellos e accesorios que foron sinalados. En países fríos adóitase separar o inodoro (cun lavamans) noutro local á parte, posto que esta área require máis ventilación, e iso arrefriaría demasiado o ambiente cando se desexa tomar unha ducha.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Casa Dormitorio Fontanería Comedor
Categoría:Cuartos de baño