Oswald foi rei de Anglia Oriental na década de 870 tras a morte de Edmund o Mártir. Non se coñece evidencia textual ningunha do seu reinado, pero coñécense algunhas das súas moedas deste período.

Traxectoria A evidencia suxire que durante o período entre a morte de Edmund o Mártir e o regreso de Guthrum en 880, Oswald e Æthelred gobernaron os anglos orientais como reis clientes. É posíbel que a nobreza angla oriental fose case, pero non enteiramente, extinguida polos ataques viquingos que remataron coa morte de Edmund, e que nos anos nos que Oswald, Æthelred e Guthrum sucesivamente gobernaron o reino, houbo un período de oposición ou desafío contra o liderado danésPestell, Landscapes of Monastic Foundation, pp. 78-79.. Os viquingos gobernaron os anglos orientais desde o acceso de Oswald, até 920, cando Anglia Oriental foi incorporada ao reino de Inglaterra tras a derrota do daneses por Edward o VelloBates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, pp. 83-84..

Moedas A existencia de Oswald só se coñece polas súas moedasBates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, p. 137..

Durante o período dos ataques viquingos en Anglia Oriental usáronse moedas e lingotes de prata e os viquingos continuaron a tradición anglosaxoa de producir peniques de prata, aínda que de maneira reducida. Coñécense oito moedas dos reinados de Æthelred e Oswald, mentres que se sabe que os moedeiros de Edmund, o predecesor de Oswald fixeron sobre duascentas Bates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, p. 149..

Atopáronse unhas poucas moedas que portaban o nome de Oswald no Cuerdale Hoard. As moedas poden ser datadas desde o 870 ao 900, seguindo a morte de Edmund o Mártir. Unha das moedas, producido por un moedeiro cuxo nome empeza por Beor..., é do tipo de templo: outra ten unha alfa, un deseño común en Anglia OrientalGrierson and Blackburn, Mediaeval Coinage Vol. 1, p. 294..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Reis de Anglia Oriental