Esplendor Geométrico é un grupo español de música industrial. O grupo formouse en 1980 con Arturo Lanz, Gabriel Riaza e Juan-Carlos Sastre, todos eles exmembros de Aviador Dro y sus Obreros Especializados. Tomaron o nome de Esplendor Geométrico dun poema futurista do escritor italiano Filippo Tommaso Marinetti.

No ano 1981 editaron o seu primeiro sete polgadas, Necrosis en la Poya, co selo Tic Tac, seguido do seu álbum debut, El Acero del Partido en 1982.

En 1985 o grupo formou o seu propio selo, Esplendor Geométrico Discos, e publicou o seu segundo álbum, Comisario de la Luz.

O seu facilmente reconocible estilo de ásperos ritmos industriais desenvolveuse nos seus dous seguintes álbums: Kosmos Kino en 1987 e Mekano Turbo en 1988, este último considerado por moitos como o lanzamento definitivo de EG. Tras o álbum en directo de 1989 Live in Utrecht, as futuras edicións aparecerían co selo Geometrik.

O Sheikh Aljama de 1991 mostra influencias árabes na música, mentres que Veritatis Splendor (1994) e o Balearic Rhythms (1996) mostran unha (polo menos en parte) suavización do seu son tradicionalmente abrasivo.

Arestora o grupo é un dúo, formado por Arturo Lanz e Saverio Evangelista, o último en unirse ao grupo en 1990.

En 1997 Polyglophone amosa o verdadeiro regreso de EG á plena agresión dos seus anteriores traballos e, ao ano seguinte, artistas como Coil e Chris & Cosey contribuíron con versións de temas clásicos de Esplendor Geométrico ao álbum remestura En-co-d-eSplendor.

En 2002 editaron o álbum de EG, Compuesto de Hierro, con influencias chinesas, mentres o dobre CD compilatorio, Anthology 1981 - 2003 tivo boa aceptación en tendas en 2005.

Lanz vive en Pequín e Evangelista en Roma pero o grupo permanece moi activo. Aínda que decote ignorados nas historias de música electrónica / industrial e con moitas das súas edicións extremadamente difíciles de atopar, EG exerceu unha forte influencia, non só na música industrial senón dentro do máis amplo campo da música electrónica. A súa influencia detéctase especialmente no son de artistas como Autechre e Pan Sonic.

Discografía miniatura|267x267px|EG en Tolosa 1987. miniatura|191x191px|Gabriel Riaza por volta de 1979 Necrosis en la poya 7" (1981) EG-1 casete (1981, reeditada en CD no 2000) El acero del partido LP (1982, reeditado en CD en 2000) Comisario de la luz LP (1985) 1980-1981 casete (1986) En Roma casete (1986) En directo: Madrid y Tolosa casete (1987) Kosmos kino LP (1987, reeditado en CD en 1996) Mekano-turbo LP (1988, reeditado en CD en 1994) Madrid mayo '89 casete (1989) Live in Utrecht LP (1990, reeditado en CD en 1999) Diez años de esplendor 2 x casete (1990) Sheikh aljama (xeque de aljama) CD (1991) 1980-1982 2 x casete (1993) Arispejal astisaró (powerful metal) CD (1993) Veritatis splendor CD (1994) 1983-1987 CD (1994) Nador CD (1995) Tokyo sin fin CD (1996) Treinta kilómetros de radio CD-EP (1996) Balearic rhythms CD (1996) 80's tracks CD (1996) Tarikat 2 x CD (1997) Polyglophone CD (1997) Syncrotrón mini-LP (1998) Compuesto de hierro CD (2002) Anthology 1981-2003 2 x CD (2005) 8 traks & live CD + DVD (2007) Pulsión CD (2009) Desarrollos geométricos CD (2011) Ultraphoon CD (2013) Fluida Mekaniko CD (2016)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Distribuidor oficial Entrada de

Categoría:Grupos musicais de España