dereita|miniatura|270px|O cultivo de trigo Yecoro (á dereita) é sensible á salinidade, pero plantas resultantes dunha mestura híbrida co cultivo W4910 (á esquerda) mostran unha maior tolerancia a altas salinidades. A mellora vexetal é a técnica para cambiar a xenética de plantas en beneficio da humanidade. Existen varias aproximacións á mellora xenética: a máis simple, consiste en seleccionar as plantas máis vigorosas a fin de que actúen de parentais durante cruces dirixidos, o que en principio transmitirá ese vigor á proxenie; no entanto, existen técnicas moleculares máis avanzadas que axudan a esta selección.
A mellora vexetal é unha disciplina de miles de anos de antigüidade, próxima á orixe da civilización. Hoxe en día, practícana granxeiros e xardineiros, así como melloradores vexetais empregados por institucións do goberno, universidades e industrias do sector.
O seu obxectivo, o desenvolvemento de variedades de maior produtividade, resistencia a patóxenos, resistencia a tensión ou de liñas adaptadas a condicións locais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cultivar Cultixene
Ligazóns externas FAO - GIPB - Iniciativa de colaboración mundial para o fortalecemento da capacidade de fitomelloramento Agrobase Bauble Seedorg
Categoría:Agricultura