Esa-Pekka Salonen, nado en Helsinqui o 30 de xuño de1958, é un director de orquestra e compositor finlandés. Desde 1992 foi o director principal e musical daOrquestra Filharmónica dos Ánxeles, coa que fixo o seu debut estadounidense en 1984, até que finalizou o seu contrato en xuño de 2009. Tamén é o director principal e conselleiro artístico da Orquesta Philharmonia de Londres desde a tempada 2008/2009, sendo o principal director convidado de dita formación entre 1985 e 1994.

Carreira musical

Formación Salonen estudou trompa, dirección e composición musical na Academia Sibelius de Helsinqui. Un dos seus compañeiros de clase foi o compositor Magnus Lindberg e xuntos formaron un grupo de apreciación da música nova chamado Korvat auki e o conxunto experimental Toimii ("Traballo" en finlandés). Graduado con 19 anos de idade, Salonen proseguiu a súa formación musical estudando dirección de orquestra baixo a tutela de Jorma Panula, Jukka-Pekka Saraste e Osmo Vänskä para logo ir a Italia e asistir aos cursos de dirección impartidos por Franco Donatoni en Siena e Niccolò Castiglioni en Milán. Despois, Salonen estudou co compositor Einojuhani Rautavaara.

Como director A súa primeira experiencia no campo da dirección orquestral chegou en 1979 coa Orquestra Sinfónica da Radio Finesa, cando el aínda se consideraba a si mesmo máis ben un compositor. En 1983, con todo, fíxose cargo da interpretación da Sinfonía n.º 3 de Mahler coa Orquestra Philarmonia de Londres con pouca antelación, cando foi requirido de urxencia para substituír a un indisposto Michael Tilson Thomas, feito que lanzou a súa carreira como director. Posteriormente converteuse no principal director convidado da Philharmonia entre 1985 e 1994.

Foi director principal da Orquestra Sinfónica da Radio Sueca desde 1984 até 1995. A este cargo sumouse o seu compromiso para dirixir como convidado a Orquestra da Ópera Nacional Finlandesa e a Orquestra Filharmónica de Oslo.

En 1989, Salonen foi convidado a dirixir a Orquestra Filharmónica dos Ánxeles durante unha xira de concertos polo Xapón. O éxito desta xira foi tal que ao seu regreso ofrecéuselle a posibilidade de ser o principal director convidado da formación californiana. Con todo, os problemas surxidos entre o daquela director titular da orquestra, André Previn, coa xerencia da mesma -provocados en boa medida pola designación de Salonen como director encargado de realizar a xira nipoa- precipitaron que Previn renunciase á titularidade da mesma ese mesmo ano, co que o camiño quedou despexado para o mozo Salonen. Antes de acabar 1989 Salonen foi anunciado como novo director titular da agrupación californiana nun cargo que se faría efectivo a partir do 1992. Durante os dezasete anos nos que se mantivo á fronte desta orquestra, Salonen realizou múltiples xiras por todo o planeta e fixo a súa aparición coa mesma nos principais eventos musicais internacionais. Grazas a unha novidosa programación, a orquestra californiana converteuse nunha das formacións máis progresistas e modernas dos EEUU, á parte de destacar polo seu incomparábel nivel técnico e artístico. No ano 2009, Salonen cedeu o seu posto de titular a outro colega novo, o venezolano Gustavo Dudamel, e inmediatamente foi nomeado director laureado da orquestra.

No ano 2008, Salonen comezara o seu novo compromiso como director titular da Philharmonia Orchestra de Londres, cargo que mantén na actualidade (2018). En 2009, Salonen debutou como director operístico na Metropolitan de Nova York e rexeitou a oferta de dirixir o ciclo completo d'O Anel de Wagner en Bayreuth.

Salonen é recoñecido pola súa dedicación a interpretar e gravar música contemporánea. A súa gravación da estrea mundial da Sinfonía nº 3 de Witold Lutosławski gañou o Gramophone Award de 1985 pola Mellor Gravación Contemporánea. Espírito inquedo e dotado dunha interesante personalidade intelectual, Esa-Pekka Salonen é un dos mellores directores de orquestra actuais e unha das figuras con máis rápida progresión artística surxida nas dúas últimas décadas. Director de estilo e xesto preciosista, Salonen parece centrar o seu eixe interpretativo sobre a base dunha precisión que en ocasións pode resultar un tanto fría para os oídos acostumados a unhas lecturas máis vivificantes. Con todo, as súas maneiras baixo a batuta son de todo convincentes tanto en concepto como en mando. O seu extenso repertorio abarca a práctica totalidade de estilos desde o Clasicismo até a música do século XX, aínda que existen unha serie de compositores moi ligados á súa personalidade interpretativa, como son Bartók, Hindemith, Messiaen e, especialmente, Stravinskii. Por outro lado, a música contemporánea ocupa o lugar máis destacado da súa programación e Salonen móstrase coma un dos directores máis comprometidos do panorama internacional en relación á obra do seu tempo. Con todo, Salonen é un director obsesionado coa democratización musical e unha das súas constantes ao longo da súa traxectoria foi a de acercar a música a todo tipo de estratos sociais. 

Como compositor Entre as composicións de Salonen están ...auf den ersten blick und ohne zu wissen... (1980, un concerto para saxofón con título tomado dO proceso de Franz Kafka), Floof para soprano e conxunto (1982, sobre textos de Stanisław Lem) e a obra orquestral L.A. Variations (1996). A fin de dedicar máis tiempo á composición, Salonen colleu un ano sabático da dirección no 2000, tempo durante o cal escribiu unha obra para trompa soa (Concert Étude, obra para o concurso de Lieksa Brass Week), Dichotomie para piano, Mania para a cellista Anssi Karttunen e sinfonietta, e Gambit, unha peza orquestral que foi un regalo de aniversario para o seu colega e amigo Magnus Lindberg.

En 2001, Salonen compuxo Foreign Bodies, a súa obra máis grande en termos de orquestración, que inclúe música do movemento inicial de Dichotomie. Outra obra orquestral, Insomnia, seguiu en 2002, e outra, Wing On Wing, en 2004. Wing On Wing inclúe partes para dous sopranos e exemplos distorsionados da voz do arquitecto Frank Gehry e tamén a dun peixe.

Como aparenta nas interpretacións de obras vangardistas tales como o Concerto Motocicleta de Jan Sandström, Esa-Pekka Salonen representa un afastamento das aproximacións ideolóxicas e dogmáticas á composición e ve a creación musical como profundamente psíquica. Nas notas do libro do CD de Deutsche Grammophon Wing On Wing, cítao dicindo: «A expresión musical é expresión corporal, non hai expresión cerebral abstracta na miña opinión. Todo sae do corpo.» Un tema recorrente na súa música é a fusión ou relación do mecánico e o orgánico.

Feitos relevantes na súa carreira miniatura|250px|Estrela adicada ao compositor en Åkerlundinkatu (Tampere), nas proximidades do Tampere-talo. 1981 - Termina a súa primeira obra a grande escala, ...auf den ersten Blick und ohne zu wissen.... 1983 - Co-funda a Orquestra de Cámara Avanti! en Finlandia con Jukka-Pekka Saraste. 1985 - É nomeado director principal da Orquestra Sinfónica da Radio Sueca. 1992 - É nomeado director musical da Orquestra Filharmónica dos Ánxeles. 1995-1996 - Director Artístico do Festival de Helsinqui. 1997 - Estrea de LA Variations nos Ánxeles.

Obras clave 1982 - Floof, para grupo de cámara. 1996 - LA Variations, para orquestra. 1999 - Five Images after Sappho, para soprano e grupo de cámara. 2000 - Dichotomie, para piano. 2000 - Mania, para cello, orquestra ou ensamble. 2004 - Wing on Wing''', para dous sopranos e orquestra.

Discografía

Gravacións máis coñecidas Esa-Pekka Salonen: Concerto for Alto Saxophone; Floof; Meeting; Nachtleider; Mimo II; Yta I; Yta II; Yta IIb; Yta III – Pekka Savijoki; Anu Komsi; Kari Krikku; Jukka Tiensuu; Jorma Valjakka; Mikael Helasvuo; Tuija Hakkila; Anssi Karttunen; Finnish Radio Symphony Orchestra; Avanti! Chamber Orchestra; Esa-Pekka Salonen – Finlandia 0927 43815 2 Bartók: Piano Concertos 1, 2, and 3 (Yefim Bronfman, piano) (Grammy Award); Sony Classical SBK89732 Esa-Pekka Salonen: Five Images After Sappho; Gambit; Giro; LA Variations; Mania – Dawn Upshaw; Anssi Karttunen; Los Angeles Philharmonic Orchestra; London Sinfonietta; Esa-Pekka Salonen – Sony SK89158 Esa-Pekka Salonen: Foreign Bodies; Insomnia; Wing on Wing – Anu Komsi; Piia Komsi; Finnish Radio Symphony Orchestra; Esa-Pekka Salonen – Deutsche Grammophon 477 5375 John Corigliano: Red Violin – Joshua Bell, solo violin; Philarmonia Orchestra; Sony Classical SK63010 Arnold Schoenberg: Violin Concerto in D Minor, Jean Sibelius: Violin Concerto – Hilary Hahn, solo violin; Swedish Radio Symphony Orchestra – Deutsche Grammophon B0011WMWUW – Grammy Award for Best Instrumental Soloist(s) Performance (with orchestra) Henri Dutilleux: Correspondances; Tout un monde lointain; The shadows of time – Barbara Hannigan; Anssi Karttunen; Orchestre Philharmonique de Radio France – Deutsche Grammophon 0289 479 1180 7 Esa-Pekka Salonen: Out of Nowhere; Nyx and Violin Concerto; Leila Josefowicz; Finnish Radio Symphony Orchestra; Esa-Pekka Salonen; Deutsche Grammophon B008W5TDP8

Los Angeles Philarmonic

Deutsche Grammophon Bartók: Suite, The Miraculous Mandarin Mussorgsky: St. John's Night on the Bare Mountain (original version) Salonen: Helix Salonen: Piano Concerto (Yefim Bronfman, piano) Shostakovich (orchestration by Gerard McBurney): Prologue to Orango—Ryan McKinny (Veselchak, bass-baritone), Jordan Bisch (Voice from the Crowd/Bass, bass), Michael Fabiano (Zoologist, tenor), Eugene Brancoveanu (Orango, baritone), Yulia Van Doren (Susanna, soprano), Timur Bekbosunov (Paul Mash, tenor), Los Angeles Master Chorale (Grant Gershon, Music Director) (world premiere recording) Shostakovich: Symphony No. 4 in C minor, Op. 43

DG Concerts - recorded live at Walt Dsiney Concert Hall Beethoven: Symphony No. 5 Beethoven: Symphony No. 7 Beethoven: Symphony No. 8 Beethoven: Overture, Leonore No. 2 Debussy: La Mer Falla: El amor brujo Anders Hillborg: Eleven Gates (world premiere recording) Hindemith: Symphonic Metamorphoses on Themes of Weber Husa: Music for Prague 1968 Ligeti: Concert românesc Lutosławski: Concerto for Orchestra Lutosławski: Symphony No. 4 Mosolov: Iron Foundry Pärt: Symphony No. 4, "Los Angeles" (world premiere recording) Prokofiev: Suite from Romeo & Juliet Ravel: Ma Mère l'Oye Ravel: Piano Concerto for the Left Hand in D (Jean-Yves Thibaudet, piano) Salonen: Helix Sibelius: Symphony No. 2 in D major for orchestra, Op. 43 Shostakovich: Music from Lady Macbeth of Mtensk District Shostakovich: Suite from The Nose Stravinsky: The Firebird Wagner: Die Meistersinger von Nürnberg, Prelude Wagner: Die Meistersinger von Nürnberg, "Was duftet doch der Flieder" (Bryn Terfel, bass-baritone) Wagner: Die Walküre, The Ride of the Valkyries Wagner: Die Walküre, Wotan's Farewell and Magic Fire Music (Bryn Terfel, bass-baritone) Wagner: Lohengrin, Prelude to Act III Wagner: Tannhäuser, "O du, mein holder Abendstern" (Bryn Terfel, bass-baritone)

ECM Pärt: Symphony No. 4, "Los Angeles"

Nonesuch Adams: Naïve and Sentimental Music Ondine Saariaho: Du cristal ... Saariaho: ... à la fumée (Petri Alanko, alto flute; Anssi Karttunen, cello)

Philips Classics Bartók: Violin Concerto No. 2 (Viktoria Mullova, violin) Stravinsky: Violin Concerto (Viktoria Mullova, violin)

Sony Classical Bach: Transcriptions (by Elgar, Mahler, Schoenberg, Stokowski, Webern) Bartók: Concerto for Orchestra Bartók: Music for Strings, Percussion, and Celesta Bartók: Concerto for Piano No. 1, Sz. 83 (Yefim Bronfman, piano) Bartók: Concerto for Piano No. 2, Sz. 95 (Yefim Bronfman, piano) Bartók: Concerto for Piano No. 3, Sz. 119 (Yefim Bronfman, piano) Bruckner: Symphony No. 4, "Romantic" Debussy: Prélude à l'après-midi d'un faune (Janet Ferguson, flute) Debussy: La Mer Debussy: Images pour orchestre Debussy: Trois nocturnes (Women of the Los Angeles Master Chorale) Debussy: Le martyre de St. Sébastien (Fragments symphoniques)