Xoán XI Pedro al-Hilu (en , Yuwhana Butrus al-Hilu), nado en Rusta (Líbano) e finado no mosteiro de Qanubin no val de Qadixa o 12 de maio de 1823, foi o 67º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 8 de xuño de 1809 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria Naceu en Rusta. Como patriarca, restaurou a sé de Qanubin, abandonada dende os tempos do patriarca Xacobe IV, onde viviu a partir de 1811. Recuperou moitas propiedades da Igrexa que lle foran arrebatadas. Tamén converteu os mosteiros de Kfar Hai e de Qulaiat en colexios patriarcais en 1812 e 1817, respectivamente. En 1818 convocou un concilio xeral maronita. Finou no cargo o 12 de maio de 1823 no mosteiro de Qanubin.
Notas
Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XVIII Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Finados en 1823