O frisón setentrional é unha lingua minoritaria de Alemaña, falada por unhas 10 000 persoas en Frisia Setentrional. A lingua forma parte do grupo xermánico de linguas frisoas. Comprende 10 dialectos, que á súa vez se dividen no grupo insular e continental.
O frisón setentrional está estreitamente relacionado coa lingua frisoa oriental do noroeste de Alemaña e coa lingua frisoa occidental que se fala nos Países Baixos. Os tres están relacionados co inglés, e xuntos forman o grupo de linguas anglofrisoas. O frisón setentrional está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en frisón setentrional Pobo frisón Bibliografía
Categoría:Linguas xermánicas Categoría:Linguas de Alemaña