Yuck é o álbum de estrea da banda inglesa de indie rock Yuck, publicado o 15 de febreiro de 2011 a través dos selos Fat Possum Records e Mercury Records. O grupo publicou o seu primeiro sinxelo, "Holing Out", o día 20 de febreiro. A edición xaponesa do álbum inclúe unha versión de "Natsu Nandesu" de Happy End, cantada pola baixista Mariko Doi.

Antecedentes Daniel Blumberg e Max Bloom deixaran o seu anterior grupo, Cajun Dance Party, en 2008 e formaron Yuck no ano seguinte en Londres. A parella publicou dous sinxelos en vinilo a comezos de 2010, "Rubber" e "Georgia", e recrutaron pouco despois ao batería Jonny Rogoff e á baixista Mariko Doi (que recentemente deixara o grupo Levelload). A banda comezou a gravar Yuck no verán dese mesmo ano na casa dos pais de Max Bloom en Londres.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Daniel Blumberg e Max Bloom, agás os cortes 9 e 11 compostos por Max Bloom.

Notas

Categoría:Álbums de Yuck Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums de Fat Possum Records Categoría:Álbums de Mercury Records