Francisco Vega Ceide, coñecido como Francisco de Fientosa, nado no Cordón (Santa Locaia, Castro de Rei) o 22 de maio de 1912 e finado en Aravaca en novembro de 1936, foi un poeta galego.

Traxectoria Parente de Xosé Crecente Vega do que foi discípulo. Poeta vangardista con gran fidelidade por Noriega Varela. Foi asasinado en Aravaca en novembro de 1936, nunha vinganza por celos de compañeiros de estudos da Universidade Central de Madrid. O franquismo tratou de manipular a súa morte, o 26 de xuño de 1939 celebrouse na igrexa de Santa Locaia o funeral polo seu eterno descanso e publicaron unha nota necrolóxica co texto:

Tamén na fachada da Universidade Complutense aparece o seu nome na lista dos que morreron "Por Dios y por España".

Obras Escritor en castelán, tamén ten poemas e escritos en galego. En vida publicou tres libros: Lendas (1931), libro de poemas en galego que hoxe está desaparecido, Triángulo isósceles, poemario publicado en Madrid en 1934 e El alba del quechemarín, poemario publicado en Santiago en 1935. Deixou rematados outros dous volumes: o poemario Trébol de cuatro hojas e un de prosa titulado Gente cordial.

Véxase tamén Bibliografía

Palabra contra espada por Fientosa (1912-1936) de Ricardo Polín.

Ligazóns externas No centenario do mártir das letras chairegas 100 años de Francisco de Fientosa

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público