O polígono industrial do Allo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada na parroquia do Allo, no concello de Zas, a escasa distancia da vila de Baio.

Historia e descrición A urbanización do polígono data de 2012, aínda que a primeira das súas empresas xa se instalara en 1994 nos seus terreos antes de que estes tivesen a consideración de solo industrial.

Tamén denominado como "Área de Reparto AR-Sector-11", conta cuns 65.000 m2 de superficie nos que o Concello de Zas tivo que investir algo máis dun millón de euros para a súa urbanización.

En xullo de 2012 tivo finalmente lugar, tamén, a inauguración do servizo de ITV, longamente demandado pola sociedade de Soneira e a Costa da Morte.

Accesos AC-552. P. K. 55-56. AG-55. Saída 58: "Baio (leste) / Zas - Santa Comba / Polígono industrial O Allo"

Notas

Allo Categoría:Zas Categoría:Zas sen imaxes