Manuel Álvarez Díaz, coñecido como Sordo, nado en Noceda del Bierzo (León) en 1912, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria A mediados de 1945 reorganizou o PCE en Vigo antes de fuxir ao monte en xuño de 1946. Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García que en novembro de 1946 se uniu ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia controlado por Manuel Simón Campos. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Claudio Rodríguez Vázquez, Basilio Calvar Solla, Estanislao Cantero Izquierdo e Eugenio Rueda Perosanz.El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2. Desapareceu despois da eliminación do destacamento en maio de 1947.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1912